_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
TURISMO
Vilagarcía e Catoira traballarán conxuntamente para levar a cabo a senda peonil dende Carril ata as Torres do Oeste

Os concellos de Vilagarcía e de Catoira traballarán conxuntamente para desenvolver o proxecto de creación dunha senda peonil que una ambos municipios dende Carril ata as Torres do Oeste. Así o anunciaron hoxe o concelleiro de Turismo vilagarcián, Álvaro Carou, e o alcalde catoirense, Xoan Castaño, tras a reunión mantida esta mañá na localidade vikinga. A colaboración que se vén de abrir entre os concellos veciños non se limitará ao paseo por beiramar, se non que pretende poñer en común outros recursos e accións que, aproveitando as sinerxias, dinamicen a actividade turística nos dous municipios.
21.01.2020.- Tras a reunión de traballo, os munícipes desprazáronse ata a praia do Campanario, na parroquia vilagarciá de Bamio, onde remata o proxecto da senda peonil que se iniciará en Carril, e no que traballa dende hai tempo o Concello de Vilagarcía xunto coa Xefatura Provincial de Costas. Carou explicou que o ideal, e o máis beneficioso para todos, é que esta iniciativa non remate en Bamio, senón que enlace co paseo fluvial de Catoira, que ten como enclave principal as Torres do Oeste e que continúa remontando o Ulla ata os límites con Valga. Para unir ambas sendas, so é preciso actuar dende onde remata o paseo catoirense ata a praia de Bamio.

Castaño comparte o plantexamento realizado polo edil vilagarciá de aí que se acadara o compromiso de que ambos concellos promoveran e xestionaran este proxecto bilateral. O primeiro paso a dar será pedir unha reunión cos responsables de Costas para expoñerlles este novo e máis amplo enfoque, de xeito que se estude tamén o trazado que deberá seguir a senda no tramo que falta por cubrir entre Bamio e o paseo que leva as Torres do Oeste.
Castaño lembrou que precisamente pola zona que debe pasar o novo paseo discorría na época medieval o denominado Camiño Real, unha senda que se foi perdendo coa apertura de novas vías de comunicación, e que o Concello de Catoira pretende recuperar. O principal obstáculo é salvar os puntos polos que concorre o trazado ferroviario, aspecto que se pretende tratar cos técnicos de Costas.
A recuperación do Camiño Real aporta un valor engadido máis a unha ruta que, de por si, contará con un enorme atractivo debido ao entorno natural polo que discorrerá, partindo das inmediacións do Parque Nacional de Cortegada, que remonta o nacemento da ría por beiramar e chega ata onde o río Ulla comeza a morrer aos pés do antigo baluarte defensivo das Torres do Oeste.

Carou considera que esta forma de traballo colaborativo entre municipios resulta moito máis eficaz e beneficioso, tal como quedou demostrado na iniciativa desenvolvida por Vilagarcía, Caldas e Portas para a creación da Vía Verde aproveitanto o trazado ferroviario en desuso que pasa polos tres concellos.
Por iso, ambos municipios aproveitarán a relación iniciada para poñer en marcha outro tipo de iniciativas turísticas en común, como que o mesmo trazado da senda peonil que se pretende crear, se poida facer tamén navegando a bordo do drakar vikingo e do galeón Illa Cortegada da asociación Rompetimóns que mantén un convenio co Concello de Vilagarcía para realizar travesías turísticas durante o verán.

Estas iniciativas conxuntas complementaranse con outros produtos e servizos propios de cada municipio, por exemplo as visitas a Cortegada no caso de Vilagarcía, ou ao Muíño do Cura, recurso que Catoira proxecta poñer en valor.
No caso de Vilagarcía, a creación de novos produtos e paquetes turísticos será un dos aspectos que se definirán e traballarán no marco do Plan Estratéxico de Turismo que xa está en proxecto de elaboración.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -