_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
A Biblioteca engade ao Fondo de Historia Local oito exemplares do libro dos 75 anos de Fundiciones Rey

O libro “Fundiciones Rey 1944-2019” publicado pola senlleira empresa vilagarciá con motivo do seu 75 aniversario xa se atopa a disposición de todos os cidadáns na Biblioteca Pública e nas Axencias de Lectura do municipio. En vista do interese espertado entre os vilagarciáns, a familia Rey decidiu doar ao Concello oito exemplares do libro a efectos de que todos os veciños interesados poidan ter acceso a el, xa que, ao tratarse dunha edición especial e conmemorativa, non está á venta. Deste xeito, a Biblioteca Pública Rosalía de Castro incorpora ao seu Fondo Histórico Local un título que non só conta a historia e evolución dunha das empresas locais máis antigas da cidade, senón que tamén ilustra case dous séculos dunha parte da historia do noso municipio e, especialmente a importancia que tivo a industria metalúrxica na cidade. Debido ao seu valor histórico e documental, tamén se remitiron catro exemplares á Biblioteca Nacional.
17.01.2020.- Elías Cochón Rey, fixo entrega da doazón á concelleira de Cultura, Sonia Outón, que agradeceu o xesto “polo rigor e gran valor documental que teñen os contidos este libro, que descubre aspectos da nosa cidade que a maioría de nós descoñeciamos, polo feito de conmemorar a lonxevidade e fortaleza dunha empresa familiar local que traballa no marco internacional, e polo coidadísimo formato no que se nos presenta esta edición”.

Máis da metade do libro céntrase en describir e documentar as orixes e evolución da industria da función en Galicia e o gran peso que tivo en Vilagarcía dende principios do século XIX, comezando en Carril coa fábrica de Luis de la Riva e a súa vinculación con Sargadelos, e con florecemento da actividade coa aparición doutras moitas empresas, como “a fábrica dos ingleses”, ou a de Alemparte á que seguiron Fundiciones San Roque e Fundiciones Rey.

Neste contexto, a última parte lo libro explica os inicios de Fundiciones Rey en 1944, a súa consolidación coa segunda xeración familiar e a orientación cara o sector industrial, e o novo enfoquen dado pola terceira xeración coa modernización tecnolóxica e a expansión comercial. Por último, compre salientar o apartado dedicado á relación de Fundiciones Rey co mundo do arte, a través dos traballos levados a cabo para plasmar en metal a obra de diversos escultores e cuxas pezas e esculturas realzan espazos públicos de moitas vilas e cidades galegas e de grandes artistas. En Vilagarcía, por exemplo, a Porta da Luz Salgada de Manolo Chazo, ou monumento a Miguel Hernández, de Emilio Mosquera; en Santiago o Valle Inclán sentado no banco obra de César Lombera; en Sanxenxo a Madama de Silgar, de Alonso Vilar, ou en Vigo o Nadador de Ferro de Paco Leiro.

Exposición e Medalla de Ouro da Cidade

Precisamente, con motivo do 75 aniversario, Fundiciones Rey organizou en colaboración coa Concellería de Cultura unha exposición cos algúns dos traballos escultóricos realizados pola fundición para recoñecidos artistas plásticos. A mostra estivo exposta na Sala Rivas Briones.
Ademais, a Corporación local de Vilagarcía aprobou conceder a Fundiciones Rey a Medalla de Ouro da Cidade, distinción da que se fará entrega nun acto oficial a celebrar proximamente.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -