_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
A colaboración municipal permite recabar máis de 88 toneladas de prendas usadas para o “Arroupa” de Cáritas

A colaboración que o Concello de Vilagarcía presta a Cáritas Diocesana dende o no 2016 para o desenvolvemento do proxecto socio laboral “Arroupa” permitiu á organización sen ánimo de lucro recabar en Vilagarcía durante o ano pasado 88.278 quilos de roupa usada para utilizar como materia prima no programa que da emprego a persoas en risco de exclusión social. A participación do Concello faise mediante o convenio que permite á Cáritas contar de xeito permanente con 16 contedores de recollida de roupa libres das taxas de ocupación de solo público. A estes puntos, distribuídos por todo o termo municipal, súmase 2 máis instalados na parroquia de Santa Baia.
16.01.2020.- En 2019 recolléronse case 5 toneladas máis de roupa usada que o ano anterior. A evolución da materia prima que se leva anualmente Arroupa sofre un incremento constante dende a súa posta en marcha no ano 2016, situación que debe atribuírse tamén á solidariedade dos vilagarciáns.
Os puntos de recollida máis produtivos en 2019 volven a ser os da Praza da Constitución, onde se depositaron 10.680,5 quilos de prendas usadas o ano pasado, seguido do de Piñeiriño, con 9.232,5. No contedor de Carril recolléronse 5.216,5 quilos, no de Matosinhos 5.143,5 e no da Avenida das Carolinas 5.061. A continuación situáronse os contedores de Vilaxoán (4.966,50 quilos de prendas de segunda man), Rúa Coca-Alcampo (4.951,50), Rúa San José (4.727,50) e López Ballesteros (4.639,50). Os puntos de recollida que non acadaron as catro toneladas foron os de Sobradelo (3.945,50 quilos), Avenida de la Marina (3.814,50), Pavillón Fontecarmoa (2.754), Rúa do Adro-Sobradelo (2.282), Rúa Primeiro de Maio-Trabanca Badiña (2.197) e o da Igrexa de Rubiáns (2.011,50). Por último, no punto da Rua do porto recolléronse 1.191 quilos de roupa usada.
A estas cantidades hai que engadir as prendas depositadas no colector do adro da igrexa de Santa baia de Arealonga (10.938,50 quilos máis e os doados ao roupeiro parroquial de Viklagarcía, outros 3.805.

O proxecto “Arroupa Santiago” vertébrase a través dunha sociedade limitada cuxo obxectivo é proporcionar un traballo a persoas desempregadas en situación de exclusión social. O seu funcionamento baséase na recollida da roupa usada doada e no seu acondicionamento para a posterior venta, en tendas tamén xestionadas por Arroupa, como prendas de segunda man ou como telas. A roupa máis pasada de moda que non ten saída comercial aquí, destinarase á países en vías de desenvolvemento, onde si a ten.

A boa acollida que a iniciativa está tendo entre os vilagarciáns resulta moi positiva tendo en conta as súas vertentes social e medioambiental. Cómpre lembrar que ademais de colaborar co proxecto de reinserción social e laboral para persoas en situación de emerxencia que desenvolve Cáritas, usando estes contedores tamén se evita que a roupa usada acabe na bolsa do lixo. Deste xeito, redúcese o volume de residuos sólidos urbanos que se xestionan dende Sogama, sistema que ten maior custe ambiental que a reciclaxe e reutilización da roupa.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -