_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
EMPREGO
Concello e Acción Contra a Fame convocan a oitava edición do programa de inserción socio laboral Vives Emprego

O proxecto de inserción socio laboral que desde hai anos está a desenvolver en Vilagarcía a Fundación Acción Contra a Fame coa colaboración da Área de Benestar Social do Concello está a piques de iniciar a súa oitava edición. A ONG vén de abrir o prazo de inscrición co obxecto de levar a cabo o proceso de selección das persoas desempregadas que finalmente participarán no programa que, na súa edición anterior, se saldou cun índice de éxito do 66%, xa que 33 dos 50 participantes accederon a un contrato de traballo. A participación é totalmente gratuíta.
08.01.2020.- Os interesados en participar no Vives Emprego poden anotarse ou solicitar máis información a través do enderezo mail rvidal@accioncontraelhambre.org , do teléfono 690 134 58 ou acudindo directamente a oficina que Acción Contra a Fame ten no coworking do número 2 da Rúa Méndez Núñez. Ao longo do mes de xaneiro levarase a cabo o proceso de selección a cargo dos técnicos de Acción contra a Fame.

Financiamento municipal

O Concello de Vilagarcía leva xa varios anos colaborando con Acción Contra a Fame para o desenvolvemento en Vilagarcía do Vives Emprego. Esta colaboración se plasma coa sinatura dun convenio a través do cal o Concello aporta unha achega económica para financiar o programa que imparten os técnicos da organización, e que o ano pasado rondou os 12.000 euros. O custe total do Vives finánciase a través de subvencións do Fondo Social Europeo e da Xunta de Galicia.

A través deste programa, que Acción Contra a Fame ten en marcha en distintas localidades de España, a organización traballa coas persoas desempregadas co obxectivo de facilitarlles o acceso ao mercado laboral como fórmula para acabar coa exclusión social. A través dunha metodoloxía de traballo práctica e que se desenvolve durante seis meses, trátase de que os participantes teñan a oportunidade de mellorar o autocoñemento, a súa motivación así como as súas propias competencias, habilidades e ferramentas para unha busca de emprego eficaz. A mellora destes aspectos xunto coa participación en eventos de emprego e talleres con responsables de selección de persoal das empresas da contorna, facilitan a empregabilidade das persoas participantes.

Resultados

En liñas xerais, a nivel estatal, o 52% das persoas que pasan polo programa encontran un traballo nada mais finalizar a súa participación, ou incluso antes de que remate. Pasados seis meses, o porcentaxe de persoas que encontra un emprego ascende ata o 70%.

Durante o pasado ano, en Vilagarcía participaron un total de 50 persoas, das cales 33 encontraron un emprego ao largo do proxecto e 4 persoas retomaron estudos.



4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -