_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
O mellor teatro galego volverá a pasar polo auditorio de Vilagarcía a través da colaboración entre Concello e Agadic

O teatro galego volverá a ser o prato forte da programación cultural do Auditorio Municipal de Vilagarcía durante o primeiro semestre do ano 2020 grazas á colaboración entre o Concello e a Agadic. O convenio para esta primeira temporada do ano inclúe 5 obras de teatro a representar entre febreiro e maio e que traerán a Vilagarcía as últimas producións de compañías como Chévere, Teatro do Noroeste, Producións Teatrais Excéntricas, Cultura Activa e Tarabela. O mellor e máis actual teatro galego do que os vilagarciáns poderán gozar polo módico prezo de 5 euros grazas a este convenio que financian a partes iguais Concello e Agadic.
03.01.2020.- A programación abrirase o 15 de febreiro coa obra “As Virxes Salvaxes”, unha comedia de Teatro do Noroeste sobre a absurda pero necesaria situación de recluír aos nosos maiores en institucións que os atendan e coiden. O 21 de marzo, Chévere volve a sacar a súa vena máis irónica, crítica e cómica para describir como se constrúe un país cunha alegoría de España creada baseada nun relato da comarca de Verín transmitido de xeración en xeración.

Producións Teatrais Excéntricas representa o 4 de abril “Medida por medida”, unha comedia escura que relata a sociedade dos nosos días ao xeito de Quico Cadaval. O día 18 de abril chega ao Auditorio “Tabú”, unha comedia descritiva dunha época e da situación das mulleres dese tempo, creada por Tarabela Creativa en base as conversas reais mantidas con mulleres galegas de entre 70 e 90 anos sobre a súa vida sexual e o modo de entender o sexo.
O ciclo pecharase o 30 de maio con Culturativa e a súa obra “Senior”, unha comedia sobre dous homes que atravesan a crise dos 50.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -