_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
INFRAESTRUTURAS
O Concello inicia o procedemento de compra de 26 marquesiñas máis para completar o plan de renovación

O Concello de Vilagarcía pon en marcha unha nova fase do Plan de Renovación das Marquesiñas, neste caso sacando a licitación o contrato de subministro e instalación de 26 novas estruturas que se destinarán a cubrir as paradas de autobuses das liñas urbanas 1 e 2 que cobren a ruta Vilaxoán-Vilagarcía-Carril polo interior e por beiramar, así como a renovar a instalación de Rodrigo de Mendoza e engadir unha estrutura máis ás dársenas do Cavadelo. O contrato ten un custe de 221.414 euros e as empresas interesadas poden presentar as súas propostas ata o 17 de xaneiro.
02.01.2020.- Esta nova fase do plan de renovación de marquesiñas finánciase con cargo ao superávit orzamentario de 2019 e complementa á levada a cabo hai unhas semanas coa colocación de 16 estruturas nas paradas de autobús das avenidas das Carolinas, Rubiáns e Pontevedra adquiridas a través do Plan Concellos da Deputación.

Favorecer a mobilidade sostible

As novas marquesiñas destinaranse a substituír as xa existentes e tamén a dotar deste servizo ás paradas de bus que carecen deste mobiliario. Ademais de mellorar a estética mediante a unificación de modelos en todo o territorio municipal, o Plan de renovación de marquesiñas persegue outro importante obxectivo no que está a traballar o Concello dende hai catro anos coa posta en marcha de diversas medidas: promover o uso do transporte colectivo público no marco das políticas de mellora da mobilidade. As marquesiñas inciden neste obxectivo ao contribuír a sinalizar as paradas onde antes e a aportar seguridade e comodidade aos usuarios. O plan tamén é unha medida que favorece a mobilidade sostible, dado que usar o autobús en lugar do vehículo privado supón reducir o tráfico rodado e, consecuentemente, diminuír as emisións de CO2.

Accesibles e con banco integrado

As novas marquesiñas manterán a tipoloxía das instaladas recentemente coa intención de homoxeneizar a imaxe de todas as paradas. Así pois, serán estruturas que priorizarán a accesibilidade, para facilitar a entrada de carros de bebés e de compra e cadeiras de rodas sen obrigar aos usuarios a baixar a calzada, e terán asentos de madeira integrados.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -