_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
A venta anticipada de entradas para os espectáculos do Concello farase a través de Ataquilla.com a partir do 1 de xaneiro

O Concello de Vilagarcía cambia de plataforma para a venta anticipada de entradas dos espectáculos e eventos promovidos pola administración local e a celebrar en instalacións ou recintos municipais. A partir do 1 de xaneiro de 2020, a comercialización anticipada farase a través de Ataquilla.com, a plataforma que xestiona AFundación. O Goberno Local xa aprobou o convenio a asinar coa Fundación Galicia Obra Social de A Banca para o uso da plataforma dixital e da billeteira telefónica durante o prazo dun ano, prorrogable.
28.12.2019.- Nos últimos anos o Concello centralizou a venta anticipada en ticketea.com, plataforma que deixa de operar a partir do 31 de decembro e que será suplida dende o día seguinte por Ataquilla.

A operación farase sen que cause ningún tipo de molestia ás persoas que xa tiveran adquirido entradas para espectáculos do ano 2020 a través de ticketea, posto que os datos volcaranse ao sistema de Ataquilla, quedando completamente validadas as localidades, sen que o comprador teña que facer ningún tipo de trámite adicional.

O convenio asinado entre o Concello de Vilagarcía e AFundación, ademais da plataforma dixital de ATaquilla.com. tamén pon a disposición dos usuarios a billeteira telefónica mediante un número 902, a través do cal tamén se poderá realizar a compra anticipada de entradas, ao igual que na sedes físicas coas que conta Ataquilla en Santiago, Vigo e Ourense. Ademais, unha vez adquiridas as entradas vía online ou telefónica, os compradores poderán retiralas en calquera das oficinas de Abanca dotadas coas correspondentes impresoras.

Como en calquera sistema de venta anticipada, o servizo conleva unha comisión por gastos de xestión que se engade ao prezo da entrada. As tarifas para entradas con prezos superiores a 5 euros son de 0,75 céntimos de euro en operacións a través da web e da sede física e de 1 euro na billeteira telefónica. Para entradas con prezo igual ou inferior a 5 euros, as comisións redúcense a 0,25 céntimos nos dous primeiros casos e 0,50 céntimos no segundo.

AFundación negociará directamente co promotor a cota de gastos de xestión para espectáculos cuxa organización non corresponda ao Concello pero se celebren nas instalacións municipais adheridas a este convenio.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -