_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
Vilagarcía súmase ao programa europeo para favorecer unha economía baixa en carbono, que xestiona a Deputación

O Concello de Vilagarcía acordou adherirse ao programa que a Unión Europea dirixe a entidades locais co obxecto de financiarlles proxectos singulares que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono. A Deputación Provincial xestiona este programa promovido polo Instituto para a Diversificación da Enerxía (IDAE) e través do cal Vilagarcía propón levar a cabo unha actuación para renovar 517 puntos de luz do alumeado público de 12 rúas do centro urbano co obxectivo de substituílos por tecnoloxías led e máis eficientes, que consumen menos enerxía e reducen o nivel de emisións de CO2.
10.12.2019.- O proxecto aprobado esta semana na Xunta de Goberno Local ten un custe de 200.000 euros dos que, de ser aprobado, o 80% serían financiados con fondos europeos (cunha subvención de 180.000 euros), e o 20% restante polo Concello e o organismo provincial a partes iguais (10.000 euros cada unha das administracións).
O proxecto remitiuse á Deputación para que o tramite ante o IDAE.

A proposta vilagarciá enmárcase na liña 6 do programa europeo, a relativa a actuacións para renovar os sistemas de alumeado, iluminación e sinalización exterior xa existentes, mellorando a súa eficiencia enerxética coa finalidade de reducir o consumo de enerxía final e as emisións de CO2, así como de outros contaminantes atmosféricos.

Segundo a memoria técnica, coa execución deste proxecto o Concello conseguiría reducir o consumo eléctrico anual en 192.790 kilowatios/hora, o que, monetariamente, se traduciría en que as arcas municipais aforrarían cada ano no recibo da luz 23.134 euros, en relación ao que se está gastando agora.

Para acadar estes resultados, o proxecto prevé, ademais da substitución das luminarias e lámpadas de 517 puntos de luz do alumeado público de doce rúas e parques do centro urbano, a adaptación de 10 cadros de mando para optimizar o consumo e adaptalos ao Regulamento Electrotécnico de Baixa Tensión, e a instalación de sistemas de regulación do nivel luminoso que permitan que, durante as horas centrais da noite, se poida diminuír o nivel do fluxo emitido ata o máximo dun 40% do valor do servizo normal.

As zonas incluídas neste proxecto son Castelao, Avenida Doutor Tourón, Alexandre Bóveda, Gumersindo Nartallo, García Lorca, Manuel Antonio, Urbanización A Xunqueira, Xoán Carlos I, Doutor Moreira Casal, Avenida da Mariña e algunhas rúas adxacentes.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -