_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
DEPORTE
A Fundación aproba o reparto de axudas por importe de 32.000 euros entre 11 eventos deportivos organizados en 2018

O Consello Reitor da Fundación Municipal de deportes de Vilagarcía aprobou na súa última reunión o reparto das subvencións anuais que concede o organismo para contribuír ao financiamento dos eventos deportivos de carácter extraordinario organizados por clubs do municipio. A resolución refírese a torneos e competicións realizados durante o ano 2018 e en total son 11 os eventos subvencionados e entre os cales se reparten a partida de 32.000 euros habilitada pola Fundación para este tipo de actividades extraordinarias dos clubs.
04.12.2019.- O importe das axudas fíxase en base aos criterios establecidos nas bases da convocatoria. Segundo eses baremos, o evento que recibiu a subvención máis cuantiosa foi o torneo Arousa Futbol 7, organizado pola asociación do mesmo nome, que recibe 9.622,31 euros. Concédense 7.259,34 euros ao IV Torneo EncestaRías, organizado pola Asociación Deportiva e Cultural EncestaRías. Tamén reciben 5.293,51 euros o C.B. Vilagarcía pola XV Vilagarcía Basket Cup, mentres que a subvención ao Arosa S.C. pola organización do VII Torneo Cidade de Vilagarcía de fútbol ascende a 4.700 euros. Pola súa banda, a Asociación Deportiva Cortegada recibe 3.774,87 euros polo XI Memorial Miguel Ángel González de baloncesto.

En menor contía, tamén son subvencionados outros eventos deportivos de menor entidade como o de Ximnasia Rítmica Vilarousa organizado polo Club Vilarousa, que percibe 400 euros, a mesma cantidade que se lle concede á Asociación Atlética Mazí polo III Trofeo de Atletismo Cidade Vilagarcía. 200 euros de axuda reciben a A.D.C Raspa pola organización do campionato Galego de Pesca Submariña e o Basket Base Club (BBC) polo Día do Minibasket. O C.D. Bamio conta cunha axuda de 93,38 euros polo II Torneo Cadete e o C.C. Xiabre 56,59 pola XXIII Marcha Cicloturista.

Outras axudas da Fundación
As axudas á organización de eventos deportivos de carácter extraordinario no é a única liña de subvencións que ofrece a Fundación de Deportes de Vilagarcía para contribuír ao sostemento da actividade dos clubs da cidade e ao fomento do deporte. O organismo que preside Argimiro Serén tamén convoca anualmente as Axudas ao Deporte Federado, para as que este ano se contou cunha partida de 112.000 euros.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -