COMERCIO E INDUSTRIA
O Concello premiará aos establecementos que mellor decoren as súas fachadas durante o Nadal A Concellería de Promoción Económica convoca a segunda edición do Concurso de Decoración do Nadal destinado a que locais comerciais, de restauración, praceiros, hostalería e servizos contribúan a crear ambiente navideño decorando coa temática da época os seus escaparates, fachadas e acceso aos establecementos. Para fomentar a participación, o Concello concederá 5 premios en metálico ás mellores decoracións, repartido un total de 1.785 euros. Os interesados poden inscribirse a través da sede electrónica ata o vindeiro 10 de decembro.
02.12.2019.- A Xunta Local de Goberno aprobou na reunión de hoxe as bases do concurso, documento que poderán consultar a través do taboleiro de anuncios da web municipal http://www.vilagarcia.gal ou da sede.vilagarcia.gal
Con esta iniciativa, ademais de dinamizar a actividades nos locais participantes, a concellería que dirixe Alba Briones, pretende que a iluminación de Nadal que pon o Concello nas rúas e prazas da cidade se vexa complementada coa decoración dos exteriores dos establecementos, creando así moito máis ambiente navideño nas rúas da cidade.
Tras pecharse o prazo de inscrición segundo o procedemento que se apunta nas bases, o xurado visitará os locais participantes para avaliar a decoración. Valoraranse aspectos como si se decora so un elemento ou todos (escaparate, fachada e acceso), a iluminación, o uso de materiais naturais e de reciclaxe e a innovación e deseño. Ademais comprobarase si se cumpre o requisito de que a decoración estea lista e exposta entre o 10 de decembro e 0 5 de xaneiro, ambos incluídos, e que os locais teñan prendida a iluminación ata as 22.00 horas como mínimo, e estar
Establécese un primeiro premio á mellor decoración, ditado con 595 euros. A maiores concederanse dous segundos premios por importe de 395 euros cada un, e outros dous terceiros de 200 euros.