_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
FESTAS
O Nadal comeza co prendido do alumeando, a visita de Papa Noel e o festival de panxoliñas

Vilagarcía dá mañá, domingo 1 de decembro, a benvida ao Nadal coa celebración de varios actos típicos desta entrañable época do ano. O máis significativo e vistoso será a posta en funcionamento da iluminación decorativa das rúas, que se centralizará co prendido da árbore transitable que preside a Praza de Galicia. O acto será ás 19.30 horas e contará coa presenza de Papa Noel a música da Banda de Vilagarcía. A primeira xornada oficial de Nadal inclúe na súa oferta o festival de panxoliñas de Cáritas, a partir das 18.30 horas no Auditorio. E en Fexdega, continúa a diversión do Fexturrón!
30.11.2019- A chegada de papa Noel a Vilagarcía para asistir ao prendido do alumenado de Nadal está prevista para as sete da tarde. A bordo da súa zorra e acompañado polos seus trasgos, Santa Claus percorrerá algunhas das rúas do centro da cidade antes de deterse na Praza de Galicia para departir cos nenos e nenas e repartir caramelos.
Alí será recibido polo alcalde, Alberto varela e outros membros da Corporación local e coa ambientación musical das panxoliñas que interpretará a Banda de Música de Vilagarcía.

Xusto ás sete e media, o rexedor premerá o botón de acendido e iluminará o gran cono tridimensional de 17 metros de alto que preside a Praza de Galicia e baixo o cal poderán pasar, e posar, as persoas. De forma simultánea irán iluminándose o resto de elementos decorativos situados nas distintas rúas e prazas da cidade, así como en Vilaxoán e Carril, onde ademais de contar con conos tridimensionais de 5 metros de alto nas súas prazas, disporán de arcos de luces nas rúas principais.

As novidades dos “gobos”, os fotocalls e os bosques de inverno

As principais rúas do municipio e practicamente todas as do centro urbano decoraranse con arcos luminosos e adornos en farois. Unha das novidades deste ano é a utilización de “gobos”, unha técnica fotográfica e cinematográfica que permite crear formas de luz facendo pasar un feixe a través dun soporte parcialmente baleirado coa forma das figuras que queremos crear.

Tamén se decorarán prazas e praciñas, aproveitando, onde os haxa, as árbores naturais das zonas verdes para poñerlle lucería. Ademais, instalaranse cinco bosques de inverno en diferentes rúas da cidade, con abetos nevados, bonecos de neve a animais como renos, pingüíns e osos polares. A ultima novidade son os fotocalls que se instalarán en distintas rúas da cidade para que a xente poida fotografarse e deixar presente o Nadal de Vilagarcía a través das redes sociais.

Edificios municipais e 21 casa de cultura
Os edificios municipais tamén se vestirán de gala durante o Nadal, coa iluminación das fachadas do Concello, das Prazas de Abastos de Vilagarcía e Vilaxoán. De igual xeito, as luces de Nadal estarán presentes en todos os lugares do municipio mediante os adornos de fachada que se instalarán nas 21 casa de cultura e centros socioculturais existentes.
E nas principais vías de acceso á cidade colocaranse rótulos coa imaxe corporativa do Concello. Tamén se iluminarán as rotondas de Fontecarmoa, Pablo Picaso e As Carolinas.

Panxoliñas solidarias
Vinte e dúas edicións cumpre este ano o festival de Panxoliñas de Cáritas, todo un clásico do Nadal máis solidario en Vilagarcía. Nesta ocasión intervirán doce agrupacións corais e musicais coa temática común das cantigas propias de Nadal. O Coro Infantil da Confraría de Pescadores do Grove, o Coro Infantil da ADCFILM de Vilagarcía, o Coro de Nenos da Escola de Música de Ribadumia, a Coral Polifónica da Confraría de Pescadores San Martiño de O Grove, a Coral Santa Eulalia e Xunqueira de Vilagarcía, a Coral Rosalía de Castro de Carril, as Voces Amigas de Vilagarcía, o Coro Parroquial San Mamede de Portela-Barro, o Coro Alento Xoven de Carril, a Coral Polifónica Máximo Patiño de Vilaxoán, as Cantareiras Madia Leva de Ribadumia e a Banda de Acordeóns de Cuntis.
O festival comeza ás 18.00 horas no Auditorio. A entrada é de balde, pudendo colaborar con Cáritas, quen o desexe, deixando unha donativo.


4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Dic 2019  
L
M
X
J
V
S
D
           
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
         
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2019. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -