_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
FESTAS
Vilagarcía ilumina o Nadal a partir do domingo 1 de decembro coa asistencia de Papa Noel e a ritmo de panxoliñas

O 1 de decembro, o vindeiro domingo, é o día elixido para inaugurar oficialmente a tempada de Nadal en Vilagarcía co prendido do alumeado decorativo. O acto central celebrarase ás 19:30 horas na Praza de Galicia, presidida por un cono tridimensional de 17 metros de alto baixo o cal poderá transitar a xente e que terá luces dinámicas. Para dar o pistoletazo de saída ao Nadal contarase coa visita de Papa Noel, que repartirá caramelos entre os cativos, e o fío musical correrá a cargo da banda de Música de Vilagarcía, que interpretará coñecidas panxoliñas.
23.11.2019.- A decoración da praza de Galicia non se limita ao gran cono central, se non que tamén contará adornos a xogo nos farois e con outras dúas árbores artificiais na súa contorna. Ademais contará cun fotocall de temática Navideña no que a xente poderá posar para facerse fotos.

As principais rúas do municipio e practicamente todas as do centro urbano decoraranse con arcos luminosos, adornos en farois e, nalgúns casos con gobos de luces. Tamén se decorarán prazas e praciñas, aproveitando, onde os haxa, as árbores naturais das zonas verdes para poñerlle lucería.

Vilaxoán e Carril contarán cos seus respectivas árbores de Nadal en forma de conos tridimensionais de 5 metros de alto, ademais dos respectivos arcos de luces nas rúas. E nas principais vías de acceso á cidade colocaranse rótulos coa imaxe corporativa do Concello. Tamén se adornarán as rotondas de Fontecarmoa, Pablo Picasso e As Carolinas.

Os edificios municipais tamén se vestirán de gala durante o Nadal, coa iluminación das fachadas do Concello, das Prazas de Abastos de Vilagarcía e Vilaxoán. De igual xeito, as luces de Nadal estarán presentes en todos os lugares do municipio mediante os adornos de fachada que se instalarán nas 21 casa de cultura e centros socioculturais existentes.

38 días de luz e cor

Toda a iluminación realizarase mediante sistemas led, de baixo consumo. O alumeado de Nadal funcionará do 1 de decembro ao 7 de xaneiro dende ás seis da tarde á unha da madrugada. Durante 38 días Vilagarcía brilará para recibir e festexar o Nadal.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -