TERCEIRA IDADE
Persoas Maiores organiza un curso sobre o uso do móbil e as súas aplicacións a través de internet A Área de Persoas Maiores do Concello de Vilagarcía pon en marcha una nova acción formativa para facilitar o coñecemento e o uso das novas tecnoloxías da información e da comunicación por parte cos veciños de maior idade. O departamento que dirixe Tania García organiza un curso sobre o uso do teléfono móbil e o computador coa intención de que os maiores de 60 anos poidan sacarlle o máximo rendemento aos seus dispositivos para a realización de tarefas cotiás, rompendo así a brecha dixital que afecta especialmente a este sector da poboación. O curso é gratuíto e os interesados poden inscribirse xa nas dependencias da Concellería.
19.11.2019.- A través deste obradoiro, os asistentes aprenderán cuestión básicas sobre o uso dos seus dispositivos móbiles, que lles permitirán relacionarse e comunicarse a nivel persoal e coas administracións, así como realizar trámites relacionados co ocio ou a vida cotiá, como comprar unha entrada para ir ao cine por internet ou pedir a compra a domicilio a un supermercado. No curso aprenderán cousas tan sinxelas como axustar o volume do teléfono, usalo para escoitar a radio, usar os auriculares, gardar números na axenda e a comunicarse por mensaxe o whatsapp. Tamén aprenderán a identificar as iconas, a acceder a internet, ou a sacar, gardar e enviar fotos e audios.
O obradoiro tamén fará unha introdución ao uso do computador para que os maiores saiban abrir e usar unha conta de correo electrónico, usar os buscadores de internet para procurar información, e mesmo facer algún trámite a través de internet, como pedir cita no médico.
O curso comeza o 25 de novembro e se impartirá no Auditorio en horario de mañá en días alterno,s do 25 de novembro ao 20 de decembro. Os interesados poden inscribirse ns dependencias da Concellería ata o día 22 de novembro ou ata que se cubran as 20 prazas dispoñibles, que se adxudicarán por rigorosa orden de inscrición.