_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
XUVENTUDE
Os escolares volven a tomar o pleno o 20N con motivo da conmemoración do Día dos Dereitos da Infancia

Como cada 20 de novembro, Día dos Dereitos da Infancia, a Concellería de Xuventude do Concello de Vilagarcía organiza unha nova edición do Pleno Infantil co obxectivo de concienciar á poboación e chamar a atención sobre os dereitos dos que deben gozar os nenos e nenas para garantir o seu perfecto desenvolvemento nas mellores condicións de vida. Escolares 5 e 6 de Primaria pertencentes a catro centros educativos do municipio participarán no acto que se desenvolverá a partir das 10:30 horas no Salón de Plenos do Concello e no que a rapazada conformará por un día o Pleno da Corporación para expoñer as súas problemáticas e propostas en relación aos dereitos que os asisten.
16.11.2019.- O acto desenvolverase o mércores, 20 de novembro, a partir das 10.30 da mañá no Salón de Plenos do Concello. Participarán na sesión alumnado dos colexios A Lomba, Rubiáns, Sagrada Familia e Vilaxoán. Cada centro traerá previamente formado ao seu grupo municipal e traballadas as propostas sobre un determinado dereito. O grupo municipal do CEIP A Lomba abordará o dereito á Familia; o de Rubiáns, o dereito á Igualdade; o de Vilaxoán, o dereito ao xogo e o Sagrada Familia tratará o dereito á Igualdade, sen discriminación de raza, relixión ou nacionalidade.

O Pleno Infantil ten o obxectivo de promover a participación dos nenos e nenas da vida social e na organización da súa contorna, un dos dereitos que se recollen na Declaración Universal dos Dereitos da Infancia aprobada pola ONU. Os nenos e nenas teñen dereito a ser escoitados e a que súas ideas se teñan en conta, e para iso é preciso que saiban os camiños existentes para facerse oír. A organización deste Pleno permítelles coñecer o sistema e funcionamento da institución máis próximas a eles, o Concello. Ademais, os estudantes terán a oportunidade de coñecer os principios que rexen os 10 artigos que integran esta Declaración Universal e poderán reflexionar sobre as situacións nas que se conculcan eses dereitos e buscar alternativas para que se respecten. Con isto tamén se pretende conciencialos en principios de respecto, igualdade e solidariedade.
ORDE DO DÍA PLENO INFANTIL DO 20 DE NOVEMBRO DE 2018

10:30: Recepción co Alcalde e con outros/as membros do concello.
11:00: Constitución da mesa de idade que se formará cos nenos/as de maior e menor idade, xunto co resto de membros da Corporación.
11:15: Elección do Alcalde ou Alcaldesa.
11:30: Toma de posesión dos/as Concelleiros/as e do/a Alcalde/esa: discurso.
11:45: Comezo das ponencias por orde alfabético dos centros educativos.
12:15: Realización dunha foto de grupo cos concelleiros e as concelleiras infantís.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -