_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
ECONOMÍA
Concello e empresas abren un marco de diálogo permanente en prol do desenvolvemento económico da cidade

Doce das principais empresas da cidade acudiron esta mañá ao encontro convocado polo Concello de Vilagarcía para poñer en común as liñas de traballo que se van a seguir nos vindeiros anos para impulsar o desenvolvemento económico da cidade. O resultado máis inmediato da reunión, na que ambas partes expuxeron os seus puntos de vista e necesidades a ter en conta, foi a apertura dun marco de diálogo fluído e permanente entre a administración local e o sector produtivo, aberto á incorporación doutras firmas. Esta mesa de diálogo reunirase cada trimestre.
O alcalde, Alberto Varela, presidiu a reunión, na que participaron tamén a concelleira de Promoción Económica e Emprego, Alba Briones, e a edil de Facenda, Luz Abalo. As empresas participantes neste primeiro encontro foron: Cefrico, Baygar, Thuner Eureka, Fundiciones Rey, Automoción La Junquera, Maderas redondo, P&J Carrasco, García Reboredo, Digamel, Astem, Mejillones Nidal e Imelfa e Hijos.

Un dos aspectos no que todos os presentes na reunión se mostraron de acordo é o de incorporar á mesa de diálogo ao maior número de empresas, algo que os responsable municipais xa tiñan previsto coa celebración de novos encontros.
O obxectivo principal das medidas que se queren poñer en marcha é reindustrializar Vilagarcía, conseguindo atraer á cidade a firmas galegas que, debido a diversas circunstancias, optaron por establecerse en Portugal. Para loitar contra a deslocalización, os empresarios apuntaron diversas melloras que é preciso abordar como a das comunicacións das zonas industriais do municipio coas principais vías de alta capacidade e mesmo co Porto, como a adecuación tecnolóxica dos polígonos e parques empresariais mediante a implantación dunha conectividade dixital óptima.

Outra das debilidades apuntadas pola maioría das empresas é a necesidade de formación profesional orientada ás necesidades específicas das empresas locais, especialmente aquelas que están xerando unha maior creación de emprego pero que, teñen que recorrer a traballadores de fora debido a carencia de persoal cualificado de Vilagarcía e a contorna. Neste punto, dende o Concello apuntouse a posibilidade de deseñar obradoiros de emprego para estas especialidades profesionais, especialmente os obradoiros duais, que inclúen contratos formativos en empresas e que xa facilitarían a incorporación deses traballadores, unha vez formados, ás empresas que os precisan. Nesta mesma liña falouse de orientar ás necesidades de cualificación das empresas os cursos formativos que o Concello pode conseguir a través doutros programas de colaboración con outras administracións. E tamén se contactará cos institutos para explorará a posibilidade de crear novos ciclos formativos de FP axustados á demanda do sector industrial e empresarial local, aspecto que, en última instancia, habería que xestionar ante a Consellería de Educación da Xunta de Galicia.

O alcalde, interlocutor ante outras administracións

Segundo o falado no encontro, o alcalde actuará como interlocutor para trasladar e xestionar ante as distintas administracións ou organismos as demandas e necesidades que expoña o sector empresarial neste marco da mesa de diálogo e que non sexan competencia do Concello. E os empresarios terán liña directa en todo momento, tanto co rexedor como coa concelleira de Promoción Económica, que se puxeron a súa enteira disposición.

Obxectivos estratéxicos do Plan de Dinamización

Ademais de garantir a plena colaboración do Concello para avanzar no obxectivos sinalados, o goberno local tamén fixo un esbozo do Plan de Dinamización Sectorial e Empresarial elaborado polo Concello e no que se inserirán as liñas de traballo que vaian saíndo destes encontros da mesa de diálogo. O obxectivo xeral deste plan é cumprir as expectativas deas empresas e dos cidadáns no referente á actividade económica, capital humano e emprego. Todas as accións que se establezan deberán encadrarse en tres liñas estratéxicas. A primeira, continuar coa transformación de Vilagarcía nun espazo de calidade e atractivo. A segunda, mellorar as condicións de vida da cidadanía e as súas posibilidade de acceso a un emprego de calidade. E A terceira, impulsar a necesaria transformación dos sectores primarios, industriais e de servizos, superando os retos aos que se enfronta cada un deles.

Valoración moi positiva por ámbalas dúas partes

Pese a tratarse dunha primeira toma de contacto, a impresión final do encontro foi moi positiva tanto para o Concello como para os representantes das firmas presentes, que agradeceron a iniciativa adoptada polo goberno local para a posta en común de ideas e para a xestión de recursos e accións, que terán maior forza si se formulan en conxunto.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -