_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Ravella acolle mañá a gala dos Premios Magnum como introdución á Feira Independente do Viño, CASTES

O salón de Plenos do Concello de Vilagarcía acolle mañá, sábado 16 de novembro, a gala de entrega dos premios Magnum dos Viños de Galicia que concede o Instituto galego do Viño. Por segundo ano consecutivo, Vilagarcía será o escenario desta importante cita anual que, ademais, serve como punto de partida á Feira Independente do Viño, CASTES, que terá lugar o domingo nas dependencias da Praza de Abastos, e que contará coa participación de 73 adegas de España e países europeos.
15.11.2019.- A xornada inaugural do CASTES ábrese mañá ás oito da tarde cunha recepción aos representantes de todas as adegas que participan no evento. O alcalde, Alberto Varela, será o encargado de dar a benvida a todos os adegueiros nun acto que se celebrará no Salón Nobre do Concello. A continuación, a actividade trasladarase ao Salón de Plenos onde, ás oito e media, dará comezo a gala de entrega dos Premios Magnum. O Instituto Galego do Viño concede dende hai nove anos os Premios Magnum co obxectivo de dar prestixio aos viños galegos recoñecendo a súa calidade e excelencia, así como para dar impulso ao traballo ven feito polas empresas do sector.

O presidente do Instituto Galego do Viño, Xoán Cannas, explicou a razón pola que os Premios Magnum se entregan por segundo ano consecutivo en Vilagarcía e no marco de CASTES advertindo a importancia que ten a Feira do Viño Independente “que converte a Vilagarcía na capital do viño de Galicia, xa que non hai en toda a comunidade ningún outro evento deste nivel e que aporte por un valor en alza como é a globalización, á que o sector do viño chegou de xeito tardío, pero que ten efectos imparables”.
Tras a cata maridaxe con cogomelos, que se celebrará esta tarde na Praza da Peixería en colaboración coa asociación A Cantarela e a maiores da gala dos Premios magnum, CASTES desenvolverase o domingo 17 de novembro. A feira abrirá as súas portas na Praza de Abastos ás 12:30 horas para que o público que o desexe acuda a probar os viños e asista ás actividades divulgativas e formativas que se celebrarán durante á xornada. A feira pechará ás 20 horas. Nesta xornada desenvolverase o 2º Campionato Internacional Castes de Cata por Equipos, evento que se celebrará entre as 9 e as 11 horas.
O programa completo de CASTES está dispoñible na páxina web http://www.castes.es , onde tamén se pode realizar a venta de entradas
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -