_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
O Coro Liceo e a Banda de Música de Santiago reúnense no auditorio nunha homenaxe a Gaos

O Auditorio Municipal de Vilagarcía acolle este venres, 15 de novembro ás 21.00 horas o concerto lírico homenaxe ao compositor Andrés Gaos, unha cita que reunirá sobre os escenario ao O Coro Liceo de Vilagarcía, á Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela e á soprano romanesa Alexandra Tarniceru. O espectáculo incluirá a interpretación de obras firmadas polo compositor galego, incluída una estrea absoluta, e tamén pezas de óperas clásicas. As entradas pódense adquirir anticipadamente a través de ticketea a 5 e 3 euros (máis gastos de xestión) e, de non esgotarse antes, o mesmo día da función a partir das 19.00 horas na billeteira do Auditorio.
14.11.2019.- O Coro Liceo de Vilagarcía organiza este concerto en colaboración coa Asociación de Amigos de la Ópera de Santiago e a Concellería de Cultura de Vilagarcía. Ademais da formación coral vilagarciá e da banda santiaguesa, o espectáculo contará coa intervención da soprano romanesa, Alexandra Tarniceru, galardoada, entre outros, co primeiro premio do certame “Compostela Lírica” do pasado ano. María Domínguez, dirixirá ao Coro Liceo nesta ocasión substituíndo a Sonia Bouzada que tivo que deixar temporalmente esta función por motivos laborais. A batuta e dirección conxunta correrá a cargo do mestre Casiano Mouriño, director da Banda de Música Municipal de Santiago de Compostela.

Na primeira parte do concerto renderase unha homenaxe ao compositor galego Andrés Gaos mediante a interpretación de diversas das súas obras para banda, banda e soprano e banda e coro, incluída unha de estrea absoluta. Tamén se interpretarán composicións galegas doutros autores. Na segunda parte, banda, soprano e coro trasladarán ao público a máxica e fascinante música de ópera a través da interpretación de fragmentos de famosas e coñecidas óperas, como Carmen (Bizet), Tannhauser (Vagner), Danzas del Príncipe Igor (Borodin) e Madama Butterfly (Puccini).
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -