_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
CONCELLO
O Concello asina co Banco Sabadell o crédito de 550.000 euro incluído nos orzamentos de 2019

O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, asinou esta mañá no Concello o crédito recollida nos Presupostos Municipais de 2019. A operación, por importe de 550.000 euros contratouse co Banco Sabadell, entidade que presentou a proposta máis vantaxosa para o Concello coa oferta dun tipo de interese fixo do 0,15%. Con estes cartos financiaranse investimentos como a compra dos terreos da desembocadura do Con, a realización de obras de saneamento e accesibilidade, ou a mellora da rede wifi nas instalacións municipais, entre outras.
14.11.2019.- A partida mais importante a financiar con cargo ao préstamo corresponde á dos 130.000 euros destinados á adquisición do denominado “triángulo” da desembocadura do Con. A parcela con fronte á avenida Valle-Inclán aproveitarase para construír baixo terra un tanque de tormentas que reduza o risco de inundacións e para habilitar un aparcamento público e en condicións na superficie.

Tamén se destinan partidas á realización de obras, como os 50.000 euros para acondicionamento de camiños veciñais no rural, 50.000 máis para renovacións nda rede de saneamento e outros 47.000 euros para obras de mellora de accesibilidade nas vías públicas.

En materia de equipamentos destínanse 80.000 euros á compra dun vehículo guindastre para a Policía Local. E no apartado de informática destínanse 76.900 euros do crédito á actualización licencias, software e mantemento da plataforma informática central do Concello, 50.000 á compra de pantallas e equipos informáticos para distintos servizos e departamentos municipais e 30.000 á mellora da wifi e equipos en edificios instalacións municipais.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Dic 2019  
L
M
X
J
V
S
D
           
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
         
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2019. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -