_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
Chévere regresa ao Salón García coa “Anatomía dunha Serea”, unha obra sobre a “violencia obstétrica”

Unha das compañías de teatro galegas máis lonxevas e recoñecidas, Chévere, regresa esta fin de semana a Vilagarcía con “Anatomía dunha serea”, un texto a través do que a actriz Iria Piñeiro narra a súa experiencia persoal sobre o embarazo e o alumbramento dun xeito directo, íntimo, autocrítico e con toques de humor, para abordar a denominada “violencia obstétrica” e o silencio que a rodea. Por tratarse dunha obra de pequeno formato, cunha única actriz en escena, representarase no Salón García. Será o sábado, 16 de novembro ás 21.00 horas.
13.11.2019.- As entras custan 5 euros. Poden adquirirse anticipadamente a través de ticketea (máis custes de xestión) ou o día da función, a partir das 19:00 horas, na propia sala. Entrada bonificada para desempregados, maiores e titulares do carné xoven (previa acreditación da súa condición cos respectivos carnés ou tarxetas).

Anatomía dunha serea é un proxecto de teatro documental e autobiográfico que fala das condicións nas que se dá a vida na sociedade actual, de como se trata o feito de dar a luz, de como concibimos a maternidade nun mundo dominado pola lóxica do beneficio económico, de como asumimos a violencia contra as mulleres dentro dunha sala de partos. Fala de violencia de xénero en lugares insospeitados. Da falta de respecto pola intimidade nas contornas sanitarias e de certos tabús que persisten na sociedade hoxe e aquí.

O tema central deste traballo é a violencia obstétrica, que se expresa nun trato deshumanizado por parte dos profesionais da saúde, relacionado con todo o procedemento que leva un embarazo e parto. Deste núcleo temático central derívanse o resto de temas subxacentes: a medicalización da maternidade, a desigualdade de xénero, a capacidade de dar vida, a violencia e a dor na contorna sanitaria, o desmoronamento do sistema de sanidade pública, os tabús da sociedade actual.

“Anatomía dunha serea” obtivo dous premios María Casares de teatro: o premio a Iria Piñeiro como mellor actriz principal e o de mellor texto orixinal.
A obra chega a Vilagarcía a través da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios conveniada entre o Concello de Vilagarcía e a Agadic.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -