_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
O Concello saca a licitación a mellora e ampliación do camiño de Perrón a Sentín cun investimento de 135.822 euros

A próxima actuación que levará a cabo o Concello de Vilagarcía no marco do Plan de Mellora dos Camiños Rurais levarase a cabo na parroquia de Rubiáns, máis en concreto no camiño de Perrón a Sentín que se ensanchará e asfaltará de novo. O Concello acaba de sacar a concurso a obra cun prezo de licitación de 135.000 euros e un prazo de execución de 2 meses. As empresas interesadas en facerse co contrato teñen de prazo ata o día 3 de decembro para presentar as súas ofertas.
13.11.2019.- O goberno local decidiu actuar no camiño de Perrón a Sentín debido ao acusado desgaste que presenta o firme, con zonas afundidas e a presenza de numerosas fendas. A actual plataforma ampliarase aproveitando os retranqueos de parcelas levados a cabo nos últimos tempos para axustar as aliñacións ao recollido no Plan Xeral de Ordenación Urbana. Este ensanche da vía repercutirá nunha mellora da seguridade viaria para os vehículos e para o tránsito peonil.

Por último, aproveitaranse as obras para dotar ao camiño dunha rede de drenaxe de pluviais. Finalmente se fresará a actual capa de rodadura e se botará unha nova a base dunha mestura bituminosa en quente. Os traballos concluirán coa elevación das caixas de rexistro das redes de servizos existentes.
A obra finánciase principalmente con fondos do Concello, que aporta 90.395 euros, completándose o presuposto cunha subvención da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER).
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -