_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
XUVENTUDE
Aberta a inscrición gratuíta no campamento urbano de Nadal para rapazada de 3 a 7 anos

A Concellería de Xuventude do Concello de Vilagarcía informa ás familias de que o luns, 11 de novembro, ábrese o período de inscrición nos Campamentos Urbanos de Nadal para nenos e nenas de idades comprendidas entre os 3 e os 7 anos. A participación neste programa lúdico-educativo e de conciliación familiar é gratuíta. Os formularios para anotarse e as bases da convocatoria están dispoñibles no taboleiro de anuncios da web municipal http://www.vilagarcia.gal e na sede.vilagarcia.gal e deberán presentarse, debidamente cubertos e xunto coa documentación requirida, no Rexistro Xeral do Concello en horario de 8.30 a 14.30 horas, de luns a venres, ou a través do da sede electtónica. O prazo de inscrición remata o 28 de novembro.
11.11.2019.- O Campamento Urbano de Nadal celebrarase nas dependencias do CEIP da Lomba coincidindo co período vacacional nos colexios, é dicir, os días 23, 24, 26, 27, 30 e 31 de decembro e 2 e 3 de xaneiro. As actividades desenvolveranse en horario de mañá (de 9 a 14 horas). Os únicos requisitos que deben cumprir os nenos e nenas para participar son estar empadroados en Vilagarcía e ter nacido entre o 1 de xaneiro de 2012 e o 31 de decembro de 2016.

No caso de que o número de solicitudes supere ao de prazas dispoñibles, estas adxudicaranse mediante sorteo público a realizar o día 11 de decembro ás 12 do mediodía no Concello. En calquera caso, terán preferencia os fillos e fillas de mulleres vítimas da violencia de xénero, así como os derivados dos Servizos Sociais do Concello, para os que se reserva unha porcentaxes de ata o 25% do número total de prazas.

Unha vez cuberto o formulario deberá presentarse, xunto coa documentación indicada nas bases, no Rexistro Xeral do Concello en horario de 8.30 a 14.30 horas, de luns a venres, ou a través do rexistro telemático (sede.vilagarcia.gal).
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -