_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MEDIO AMBIENTE
O Concello planifica a limpeza de seis regatos municipais no marco das actuacións preventivas contra as inundación

Como xa ven acontecendo dende hai uns anos, o Concello de Vilagarcía, a través da súa Concellería de Medio Ambiente, destinará medios propios á limpeza de
cinco regatos do municipio e dun tramo do río Con. Estas actuacións de mantemento da rede fluvial e de prevención contra as inundacións comezarán á próxima semana. Os regatos nos que actuarán os operarios municipais son os de Santa Mariña, Lomba, Tripeira, Faxilde e A Torre, e tamén se actuará no curso baixo do río Con.
08.11.2019.- Pese a tratarse dunha competencia de Augas de Galicia, o Concello leva uns anos colaborando co organismo autónomo, asumindo a limpeza de varios regatos do municipio, co obxectivo de garantir o seu bo estado durante a temporada de chuvias e para reducir os riscos de desbordamentos. Pola súa banda, Augas de Galicia completa a labor municipal con tarefas noutros puntos da rede fluvial local. A Concellería de Medio Ambiente comunica anualmente ao departamento autonómico as zonas que limpará con medios propios, á vez que lle solicita que actúe nos restantes puntos conflitivos, especialmente naquelas zonas onde se precisan traballos mecánicos, posto que a intervención dos operarios municipais faise exclusivamente de forma manual.

A actuación planificada polo Concello no regato de Santa Mariña iniciarase na contorna da parroquia da Xunqueira e continuará ata a desembocadura no río Con, á altura do Parque da Xunqueira. No Lomba, os traballos comezarán en Cornazo de Abaixo e seguirán ata a zona de Fexdega, onde o regato morre ao atoparse co Con. Tamén se despexará o leito do regato da Tripeira, ao seu paso por Guillán e ata o punto onde comeza a súa canalización, ao igual que os tramos finais dos regatos de Faxilde e da Torre. A actuación municipal no río Con concentrarase, como en anos anteriores, no tramo do leito que discorre entre o barrio da Laxe e o cruce da avenida Rodrigo de Mendoza con Ramón Cabanillas.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -