_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
OBRAS E SERVIZOS
O ensanche do acceso á Torre comeza o luns co derribo da casa situada sobre a curva

O luns dará comezo unha
das obras máis esperadas e demandadas polos veciños e unha actuación
moi necesaria en canto á mellora da seguridade viaria: O ensanche do
vial de acceso ao barrio da Torre. A actuación proxectada polo Concello
comezará co derribo da casa en ruínas situadas sobre a mesma curva e
continuará, de seguido, co retranqueo do muro e posterior
acondicionamento da vía. A previsión é que as tarefas de demolición
e retirada de entullos leven toda a semana, prazo durante o cal a parada
do transporte escolar trasladarase de forma provisional ás
inmediacións do aparcamento do pazo da Golpelleira -onde se instalará
unha marquesiña-, regresando ao seu punto habitual tan pronto como
quede despexada a vía da maquinaria.
08.11.2019.- A empresa Construcciones Abilleira é a adxudicataria da obra promovida
polo Concello despois das negociacións levadas a cabo polo goberno
local cos propietarios do pazo e da vivenda a derribar, para facerse cos
terreos necesarios para acometer o necesario ensanche do acceso á Torre
e á apertura da problemática curva. Os terreos para gañar amplitude
á vía, conseguíronse de xeito gratuíto mediante a sinatura dun
convenio de colaboración. A casa emprazada sobre a mesma curva
obtívose mediante adquisición e por importe de 10.000 euros. No que á
execución da obra se refire, o Concello inviste 92.455 euros dos fondos
do Plan Concellos da Deputación.

Como xa seabe, o proxecto a executar consiste na apertura da curva e
ensanche do vial. O muro a retranquear axustarase á aliñación
prevista no PXOM nunha lonxitude de 97 metros, o que permitirá gañar o
espazo suficiente para ampliar a vía e dotala dunha beirarrúa para que
os peóns poidan transitar de forma máis segura. O proxecto prevé
tamén o soterrado dos cables do tendido eléctrico, a colocación de
catro luminarias e o acondicionamento do acceso á primeira das vivendas
situada tras a curva. Por último, pavimentarase a calzada.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Nov 2019  
L
M
X
J
V
S
D
       
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2019. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -