_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
A obra de renovación da cuberta do pavillón de Faxilde esperta o interese de sete empresas

O Plan de Mellora da Infraestruturas Deportivas que está a desenvolver o Concello de Vilagarcía sinala o pavillón de Faxilde como a seguinte instalación a acondicionar. A actuación que se vai a executar de forma inmediata é a renovación da cuberta, obra en proceso de licitación e pola que se interesaron 7 empresas, cuxas ofertas están senado avaliadas polos servizos técnicos para proceder á adxudicación dos traballos nos que o Concello investirá 57.154 euros. Unha vez realizado este trámite e asinado o contrato, a adxudicataria disporá de un prazo de 2 meses para executar a obra.
06.11.2019.- O pavillón de Faxilde é o único que hai na zona de Sobrán-Vilaxoán para a práctica deportiva, polo que é moi utilizado tanto polos veciños da zona como por distintos clubs do municipio que o usan polas tardes para a realización dos seus adestramentos con actividades como ximnasia rítmica, o patinaxe e o tenis da Anpa San Martiño, ata o fútbol sala do club FS Salnés, pasando polos adestramentos do AVE Esgrima e o Club Olimpics de artes marciais. Ademais, o pavillón está ligado á comunidade educativa, xa que o utiliza o CEIP de Vilaxoán, a carón do que se atopa, para o desenvolvemento das actividades de Educación Física dos seu alumnado.

A elevada intensidade de uso desta instalación, sumada a antigüidade da mesma, foi a causa pola que se priorizou a renovación da cuberta, que se atopa bastante deteriorada polo paso do tempo. De feito, aínda que edificio si que foi obxecto de diversas melloras interiores dende a súa construción en 1977, nunca antes se procedera á substitución total da cuberta.

Os traballos que se van a levar a cabo eliminarán por completo as filtracións de auga e humidade que está a padecer a instalación e tamén permitirán mellorar o illamento acústico e térmico das mesmas. A actual cuberta de chapa metálica substituirase por outra a base de dobre panel sándwich, con recheo intermedio de escuma de polieuretano, e cun sistema de ancoraxe máis seguro e que evita filtracións.

O proxecto prevé tamén a substitución das láminas de policarbonato que permiten o acceso da luz natural ao interior, así como a reparación ou substitución dalgunhas das baixantes que están moi deterioradas e provocan filtracións cara o interior do pavillón. As humidades non so deterioran o edificio, senón que supoñen un perigo para os deportistas polo risco de caídas por escorregamentos.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -