_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Un autobús gratuíto facilitará o desprazamento dos veciños de Castroagudín á mesa electoral de Cea o 10N

A decisión da Oficina do Censo de eliminar a mesa electoral de Castroagudín debido á redución do número de electores por debaixo dos 200, non será impedimento para que os veciños que desexen exercer o seu dereito ao voto poidan facelo igualmente sen maior molestia. Para facilitar o traslado destas persoas ata o colexio electoral de Cea que lles foi asignado, o Concello de Vilagarcía disporá un servizo de autobús gratuíto que funcionará en horario de mañá e tarde con viaxes de ida e volta.
05.11.2019.- A parada deste servizo extraordinario de bus fíxase na Praza Maior de Castroagudín, dende onde partirán os autobuses con saídas pola mañá, ás 10 e ás 12 horas, e pola tarde, ás 17 e 19 horas. Darase tempo suficiente para que os veciños exerzan o dereito constitucional ao voto antes do regreso a Castroagudín, fixándose a viaxe de volta media hora despois de cada servizo, é dicir, ás 10.30 e 12.30 horas pola mañá, e ás 17.30 e 19.30 horas pola tarde.

O Concello xa adoptara a solución do autobús gratuíto hai uns anos, cando a Xunta Electoral dou de baixa a mesa de Solobeira facendo que os electores deste lugar se tiveran que desprazar ata o colexio electoral emprazado no centro sociocultural dos Borrizos, na parroquia de Cornazo.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -