_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
XUVENTUDE
Un concurso de decoración navideña sostible permitirá aos escolares adornar as árbores do Miguel Hernández

As Concellerías de Xuventude e Medio Ambiente do Concello de Vilagarcía convocan o 1ª Concurso Infantil de Decoración Navideña Sostible no que poderán participar todos os centros escolares de Educación Infantil e Primaria do municipio. O requisito principal a cumprir para participar é a utilización maioritaria de materiais de desfeito que se reciclarán e aos que se lles dará unha segunda vida como adornos de Nadal cos que os escolares decorarán as árbores do Parque Miguel Hernández. O concurso está dotado con catro premios en metálico. Ademais, todos os participantes serán agasallados cun lote de libros.
02.11.2019.- A iniciativa, que persegue a participación activa dos nenos e nenas na ambientación dos espazos públicos nesta época do ano, ademais de promover valores como o traballo en común e a cooperación para acadar un entorno común máis amable e sostible. O concurso tamén busca fomentar o reciclado como recurso educativo e sensibilizar á poboación sobre a problemática dos residuos que xeramos e sobre a importancia da reciclaxe.

Nos vindeiros días, o Concello remitirá aos centros educativos as bases do concurso co obxecto de que os interesados se inscriban e vaian proxectando e realizando os seus adornos. Durante a última semana do trimestre lectivo levarase a cabo a decoración das árbores do Parque Miguel Hernández, traballo que realizarán os escolares e os seus profesores coa colaboración de persoal municipal nas tarefas máis complicadas. Cada colexio terá asignada unha árbore que se identificará cun rótulo co nome do centro de xeito que todos os cidadáns poidan coñecer a autoría da decoración e que permitirá á xente votar ao que máis lle guste. Para isto instalarse no parque unha urna para o depósito dos votos que decidirán o premio popular, dotado con 150 euros.

Ademais, un xurado valorará as decoracións seguindo os criterios establecidos nas bases para decidir a concesión doutros tres premios, dotados con 300, 200 e 100 euros.

O fallo darase a coñecer antes de que rematen as vacacións escolares de Nadal, coa intención de facer a entrega dos premios á volta do curso.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -