_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
O Concello executa obras de mantemento e mellora nos servizos básicos das rúas As Pías, Vilar Ponte e San Roque

A concellería de Obras e Servizos do Concello está levar a cabo varias obras de mantemento e mellora dos servizos básicos municipais como son o saneamento e recollida de pluvias. O departamento que dirixe Lino Mouriño actuou a semana pasada na rúa Vilar Ponte e atópase estes días na rúa As Pías, co obxectivo de trasladarse a vindeira semana á céntrica rúa San Roque. Pese a tratarse de obras pequenas, a súa execución é moi importante para garantir o correcto mantemento dos servizos, resolver pequenos problemas e mellorar a calidade da prestación que reciben os veciños.
30.10.2019.- Nestes momentos, os operarios municipais atópanse na Rúa As Pías, renovando a canalización da recollida de augas pluviais nun tramo duns 40 metros da vía que conduce a Guillán. Esta actuación ven motivada polo mal estado no que se atopaba o vello colector, rebentado en todo o tramo pola presión exercida polas raíces das árbores que lindan coa vía. Esta situación impedía a axeitada canalización da auga procedente da fonte das Pías e da choiva, que se espallaba pola calzada e a zona de tránsito de peóns, coas conseguintes molestias que isto xera.

Os traballos realizados a semana pasada na Ría Vilar Ponte (a que une o barrio dos Duráns coa zona dos edificios Invisa) permitiron arranxar a rotura dunha tubaxe do saneamento que facía aflorar as augas residuais. Está previsto que os operarios de Obras regresen a semana que ven á esta mesma rúa para proceder á reparación dun tramo de vía que se afundiu na zona máis próxima a zona de Invisa.

Por último, a próxima actuación prevista no plan de actuación da Concellería de Obras e Servizos é a de renovación dun pequeno tramo da rede de saneamento da rúa San Roque que estaba rexistrando problemas de funcionamento
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -