_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
FESTAS
Vilagarcía engade un mercado de Nadal aos atractivos das festas máis entrañables do ano

As festas de Nadal deste ano en Vilagarcía suman un novo atractivo que contribuirá a dinamizar as rúas e a complementar a decoración navideña nos espazos públicos da cidade. Trátase dun Mercadiño de Nadal que se instalará na Praza da Independencia e que funcionará do 20 de decembro ao 5 de xaneiro. Cunha coidada decoración típica do Nadal e coa venda exclusiva de produtos relacionados con estas festas, como artigos decorativos e ornamentais, doces típicos e agasallos, o mercadiño organizado pola Concellería de Promoción Económica do Concello complementará a oferta de actividades que o departamento que dirixe Alba Briones ten previsto desenvolver na cidade durante as festas máis entrañables do ano, e que inclúe outras novidades que se darán a coñecer nas vindeiras semanas.
26.10.2019.- Nesta primeira edición, o Mercadiño de Nadal de Vilagarcía contará con 16 postos dispostos en outras tantas jaimas idénticas que irán coidadosamente decoradas exterior e interiormente cos motivos de Nadal, complementando o alumeado e a ornamentación de rúa que pon o Concello. Os postos venderán diferentes tipo de artigos relacionados coas festas, dende figuriñas para o Belén ou a árbore de Nadal ata ornamentos vexetais para engalanar as casas e as sobremesas. Tamén haberá doces e produtos gastronómicos típicos de Nadal, postais e unha longa lista de artigos de agasallos.

Independentemente dos vendedores que veñen a través da empresa especializada na organziación deste tipo de eventos, o Concello porá algúns postos a disposición do comercio local por si algún establecemento ou artesán da cidade desexa estar presente no mercado de Nadal.

A maiores, haberá unha ludoteca infantil na que os cativos que acudan ao mercadiño cas súas familias poderán xogar e divertirse mentres os adultos visitan os postos. A clientela do comercio local tamén poderá facer uso do servizo de ludoteca do mercado de Nadal, posto que o Concello repartirá tickets entre os comerciantes para que os distribúan entre os seus clientes, que poderán levar alí aos seus nenos e nenas mentres fan as súas compras.

Vertente ecolóxica e sostible

Ademais, o mercado terá unha vertente ecolóxica e sostible posto que boa parte dos artigos de decoración que se exporán están realizados con materiais de desfeito ou reciclado, como restos de poda, plástico e papel reciclado; así como algúns produtos gastronómicos elaborados con ingredientes de agricultura ecolóxica.

Antiga tradición europea

Os mercadiños de Nadal son unha actividade que se celebra dende antigo en moitas cidades europeas e tamén de España, como o tradicional mercado de Nadal da Praza Maior de Madrid. A súa celebración, ademais de empapar de ambiente navideño as rúas nas que se empraza, son un importante foco de atracción de público, tanto da propia cidade coma de fóra, que acude a realizar compras ou, simplemente, a visitalos debido á súa vistosa decoración. Un fluxo de xente que se estende polos resto das rúas do municipio e que supón un importante incentivo para o comercio local e a hostalaría. Ademais de buscar este efecto de atracción, dado o realce que o Mercadiño de Nadal dará coa súa decoración, a concelleira pretende que a iniciativa serva de incentivo para que comercio e hostalería se animen a complementar a decoración interior dos seus locais con algunha ornamentación no exterior. Con elo búscase que o ambiente navideño que proporciona polas noites a iluminación decorativa que o Concello pon nas rúas, se poida tamén gozar polo día coa decoración exterior dos locais.


4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -