_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
COMERCIO E INDUSTRIA
A gala dos Premios Magnum volve a celebrarase no marco da Feira Independente do Viño, CASTES, de Vilagarcía

Por segundo ano consecutivo, Castes, a Feira Independente do Viño que se celebra en Vilagarcía, será o escenario no que se enmarque a gala anual de entrega dos Premios Magnum que concede o Instituto Galego do Viño. Este importante evento ven a avalar a relevancia que CASTES ten adquirido en tan so tres edicións, algo que tamén demostra o elevado número de participantes na feira, que xa conta con 73 confirmacións procedentes de adegas de España varios países europeos. A xornada inaugural de CASTES contará ademais cunha recepción no Concello e cunha “wine party” que pechará o día cun ambiente plenamente festivo a base do maridaxe entre música e grandes viños.
25.10.2019.- CASTES é un evento promovido e organizado polo hostaleiro local e sumiller Sito Doval, xerente do Derby, no que o Concello de Vilagarcía colabora tanto na organización loxística como a través do patrocinio. A feira celebrarase a fin de semana do 16 e 17 de novembro nas instalacións do edificio municipal da Praza de Abastos de Vilagarcía.

Doval explicou é toda unha honra que os Premios Magnum se entreguen no marco de CASTES, porque pon de relevo o traballo realizado para que en tan so dúas edicións -esta será a terceira-, a feira teña medrado tanto a nivel cuantitativo e cualitativo. O Instituto Galego do Viño concede dende hai nove anos os Premios Magnum co obxectivo dar prestixio aos viños galegos recoñecendo a súa calidade e excelencia, así como para dar impulso ao traballo ven feito polas empresas do sector.

O presidente do Instituto Galego do Viño, Xoán Cannas, destacou a importancia que ten a Feira do Viño Independente “que converte a Vilagarcía na capital do viño de Galicia, porque non hai en toda a comunidade ningún outro evento deste nivel e que aporte por un valor en alza como é a globalización, á que o sector do viño chegou de xeito tardío, pero que ten efectos imparables”.

Neste marco cómpre lembrar que ademais dos viños máis representativos de Galicia, en CASTES estarán presentes caldos de denominacións de orixe e rexións vinícolas do resto de España e tamén de países como Francia, Italia e Portugal “o que nos ofrece a oportunidade de coñecer os caldos que se fan noutros lugares, a comparar e a reflexionar para seguir mellorando”, expuxo Cannas.
O presidente do Instituto Galego do Viño recoñeceu a iniciativa de Doval e agradeceu “a valentía do goberno de Vilagarcía á hora de apoiar e apostar tan forte un evento destas características”.
CASTES desenvolverase durante as xornadas do sábado 16 e domingo 17 de novembro, aínda que o venres 15 ofrecerá unha previa na Praza da Peixería, no marco das actividades da festa dos Cogomelos organizada pola asociación A Cantarela.

A axenda do sábado 16 de novembro comezará ás 19.00 horas cunha recepción no Concello na que as autoridades locais, presididas polo alcalde, Alberto Varela, darán o recibimento aos representantes das adegas participantes en CASTES. Äs 20:30 horas celebrarase no Salón de Plenos do Concello a gala de entrega dos Premios Magnum e ao seu remate, sobre as 22:00 horas, desenvolverase nun local da cidade a denominada “wine party”, unha celebración que contará cunha actuación musical e un petisco regado con algúns dos caldos que se exhiben na feira.

O domingo 17 CASTES abrirá as súas portas na Praza de Abastos ás 12:30 horas para que o público que o desexe acuda a probar os viños e asista ás actividades divulgativas e formativas que se celebrarán durante á xornada. A feira pechará ás 20 horas. Nesta xornada desenvolverase o 2º Campionato Internacional Castes de Cata por Equipos, evento que se celebrará entre as 9 e as 11 horas.

O programa completo de CASTES está dispoñible na páxina web http://www.castes.es , onde tamén se pode realizar a venta de entradas.


4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -