_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
XUVENTUDE
O Concello pon en marcha en novembro un programa gratuíto de emprego para xóvenes de 16 a 30 anos

O Concello de Vilagarcía pon en marcha no mes de novembro un programa gratuíto de emprego destinado a xóvenes desempregados de idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos. A iniciativa promovida polas concellerías de Emprego e Xuventude desenvólvese a través da Rede Araña, que aglutina a entidades polo emprego de toda España, e fináncianse a través do Fondos Social Europeo. O programa O programa “Yo Emprendo Galicia” ofrecerá aos participantes formación teórico e práctica orientada tanto ao autoemprego mediante a creación dun negocio, como a busca activa de emprego. Ademais, os participantes disporán de titorías individualizadas e méntorings especializados. O prazo de inscrición xa está aberto.
25.10.2019.- A concelleira de Xuventude e de Emprego, Alba Briones, presentou hoxe a iniciativa xunto coa represnetante da Rede Araña, Susana Boo. A edil explicou que esta nova iniciativa enmárcase nas políticas de emprego que desenvolve o Concello, neste caso, orientadas especialmente á poboación xuvenil “un sector especialmente atacado polo desemprego e que, sen embargo, conta cun enorme potencial e talento que se debe aproveitar. Con este programa pretendemos ofrecerlles as ferramentas necesarias para mellorar a súa empregabilidade e que poidan acceder ao mercado laboral”.

Briones engadiu que este programa “resulta especialmente interesante” debido a completa formación que se ofrece e que consiste en 50 horas de formación teórico-práctica máis 10 horas de titorías individuais para cada participante e outras 20 horas de sesións de méntoring dirixidas por especialistas nos sectores ou campos profesionais que demanden os participantes segundo so seus perfís laborais.

A portavoz da Rede Araña explicou que a formación presencial impartirase do 11 ao 22 de novembro do Auditorio de Vilagarcía en horario de 9 a 13 horas. Rematada esta etapa comezarán as titorías e as sesións de méntoring que se desenvolverán de decembro a febreiro.

Susana BOO comentou que os coñecementos que adquirirán os asistentes ao programa será moi práctica e útil. No apartado de empredemento, aprenderán novas técnicas para validar o seu modelo de negocio, captar clientes, xerar vendas, promocionarse, etc… contando para elo co acompañamento de profesionais en activo que impartirán a formación. No apartado de mellora da empregabilidade, o alumnado descubrirá como sacarse o mellor proveito á hora de presentarse a unha entrevista laboral para determinado posto de traballo, descubrindo nos xeitos de converterse no candidato ideal para as empresas. Ademais, no caso de estar buscando traballo por conta allea, tamén aprenderán a diferenciarse doutros candidatos e a crear a súa marca persoal.

Requisitos e inscricións
O programa desenvolverase cun grupo de participantes de entre 15 e 20 persoas. Os únicos requisitos que se esixen son que sexan persoas desempregadas de entre 16 e 30 anos e que estean inscritas no Rexistro de Garantía Xuvenil. Os interesados xa poden inscribirse dirixíndose á Concellería de Xuventude do Concello ou ben a través da web http://www.yoemprendogalicia.com As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición e o prazo para anotarse remata o 7 de novembro. Para máis información, poden chamar ao teléfono 988 39 15 15.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -