_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
INFRAESTRUTURAS
Os administradores concursais do parking Xoán XXIII piden a extinción do concesión e abre a vía á recuperación polo concello

Os administradores concursais de Promociones Inmobiliarias del Pisuerga, SA (Proinsa), adxudicataria da concesión do parking Xoán XXIII, na praza posterior á Casa Consistorial, se dirixiron formalmente ao Concello para que inicie os trámites de extinción do contrato. Isto abre a posibilidade de que a Administración local poida, por fin, recuperar esta concesión cuxa xestión é moi deficiente dende que Proinsa entrou en concurso de acreedores, e especialmente dende que, en febreiro de 2016, o xulgado do Mercantil número 4 de Madrid ditou auto de apertura da fase de liquidación de Promociones Inmobiliarias del Pisuerga, SA.
18.10.2019.- Con todo, o trámite pode ser largo pola gran cantidade de circunstancias que salpican este caso. Por unha banda, hai unha empresa promotora do parking e concesionaria do servizo; por outra, os acredores e especialmente o banco que concedeu a hipoteca (o Banco Popular, que logo foi absorbido polo Santander); e, por último, o propio Concello, ao que a concesionaria debe o canon de varios anos.

No seu día, cun anterior goberno local, a concesionaria ofrecéralle ao Concello a posibilidade de recuperar a concesión facéndose cargo da hipoteca, que entón superaraba os 1,5 millóns de euros máis os intereses de demora. A posible negociación nunca chegou a concretarse e os avatares xudiciais da inmobiliaria, por unha banda, e os do Banco Pastor, por outra, deixaron o asunto en repouso ata que agora os administradores concursais decidiron volver a propoñer unha solución a este embrollo xurídico e económico.

O alcalde, Alberto Varela, ten que viaxar nos vindeiros días a Madrid por outros asuntos municipais e, á vista do interese demostrado polos administradores concursais, xa ten concertada unha cita para coñecer de primeira man a situación da empresa en concurso e as posibilidades de chegar a acordos que permitan rescindir o contrato, como piden, pero tamén, e sobre todo, recuperar a concesión para que o parking poida prestar os servizos en condicións óptimas.

A construción e explotación do parking de Xoán XXIII foi aprobada polo pleno da Corporación na sesión do 24 de xullo de 2002. A concesión estableceuse en 50 anos, cun canon anual de 3.005,06 euros. Entre outras condicións, o aparcamento tiña que abrir un mínimo de 16 horas ao día, todos os días do ano, permitindo ademais aos residentes acceder ás instalacións as 24 horas do día.

Dous anos despois de construído, a Xunta de Goberno Local autorizou a Proinsa, en xullo de 2004, hipotecar o dereito real da concesión para a construción e explotación do parking durante 17 anos, pero con algunhas condicións, entre elas o feito de que no suposto de poxa de bens, consecuencia da execución desa hipoteca, o adquirinte da poxa debe cumprir as condicións para ser concesionario e compensar á Corporación do valor dos bens revertibles e xa amortizados. O importe do crédito que Proinsa ten pendente de pago supera 1,5 millóns de euros, máis os intereses de demora.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -