_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
RELACIÓNS INSTITUCIONAIS
Vilagarcía e Matosinhos traballan xuntas nun proxecto transfronteirizo para implantar os obxectivos de crecemento sostible da ONU

Os concellos de Vilagarcía e Matosinhos, irmandados dende os anos 50 (cada unha das cidades ten unha avenida dedicada á outra), participan xuntos nun proxecto para a aplicación dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) fixados na axenda 2030 da ONU.
15.10.2019. A través do Fondo Galego de Cooperación, ao que Vilagarcía pertence, catro técnicos portugueses visitarán a cidade dos días 7 e 8 de novembro para explicar a políticos e técnicos a súa experiencia dos concellos portugueses e específicamente de Matosinhos na implementación desa axenda. Tamén aproveitarán a ocasión para coñecer algúns dos recursos existentes en Vilagarcía e proxectos en marcha. Ademais de dous técnicos da cámara municipal virán tamén outros dous do Instituto Marquês de Valle Flôr, unha fundación que conta cunha ampla experiencia no traballo en rede co municipalismo portugués.

As cámaras municipais lusas van significativamente máis adiantadas no cumprimento dos obxectivos de desenvolvemento sostible, segundo admite o propio Fondo Galego de Cooperación, co que colaboran a Xunta e a Fegamp. Esa foi a razón de poñer en marcha este proxecto de colaboración transfronteiriza no que participan, ademais de Vilagarcía e Matosinhos, outros dez concellos de ambas partes da “raia”. Como se sabe, entre eses dezasete ODS fixados pola ONU para o 2030 se atopan poñer fin á pobreza, a redución das desigualdades, a acción polo clima, unha produción e consumo responsables, a igualdade de xénero, a resolución das desigualdades ou accións polo clima, políticas todas elas nas que os concellos, como administracións máis próximas ao cidadán, teñen moito que dicir e facer.

O propio Concello de Vilagarcía participa nun programa europeo de Desenvolvemento Sostible e Integrado, “Vilagarcía Avanza”, financiado con Fondos FEDER. Moitas das súas liñas de actuación e proxectos concretos teñen que ver cos obxectivos fixados pola ONU, pero o intercambio con Matosinhos será unha magnífica oportunidade, en opinión do goberno local, para coñecer máis de preto como se engarzan eses ODS cos proxectos municipais, e tamén para compartir experiencias de sustentabilidade (a aposta polo transporte público, as humanizacións de rúas e prazas, a presenza dun parque nacional no territorio municipal, etcétera).

IR MÁIS ALÁ
Máis alá deste intercambio puntual propiciado pola participación nun novo proxecto transfronteirizo, o goberno local de Vilagarcía quere aproveitar a ocasión para retomar a vella relación de amizade con Matosinhos. As dúas cidades están irmandadas dende hai máis de 60 anos, cada unha ten dedicada unha avenida á outra, e son moitos os eidos nos que poden colaborar, máis alá do administrativo, como o cultural, o turístico ou o deportivo, do que existen abondosos exemplos noutras épocas.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -