_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
DEPORTE
O concello saca a licitación a renovación da cuberta do pavillón de Faxilde por 57.000 euros

O concello vén de sacar a licitación unhas das obras máis demandadas dentro do mantemento das instalacións deportivas do municipio: a renovación total da cuberta do pavillón de Faxilde, o único destas características que hai na zona de Sobrán e Vilaxoán e, ademais, ligado a un centro educativo. O presuposto de licitación é de 57.154 euros e as empresas interesadas teñen ata o 30 de outubro para presentar as súas ofertas. O prazo de execución é de dous meses dende a sinatura do contrato, de xeito que con toda probabilidade o pavillón lucirá nova cuberta na próxima primavera.
15.10.2019. O pavillón foi construído en 1977 sobre unha parcela municipal de case 7.000 metros cadrados. A superficie construída é de 4.200 metros e a dedicada a uso deportivo propiamente dito, de 1.300. Ao longo dos máis de 40 anos de vida, o pavillón recibiu diversas melloras pero ata agora nunca se procedera á substitución total da cuberta. A actual de chapa -metálica nervada e aparafusada directamente ás correas, tamén metálicas- será substituídas por outra a base de panel sándwich de 30 milímetros de espesor, formado por dúas láminas metálicas de 0,5 milímetros e, entre ambas, un recheo de escuma de poliuretano. Dado que o sistema de ancoraxe deste material tamén é distinto, non só se evitarán as actuais filtracións de auga polas xuntas, senón que se gañará en illamento acústico e térmico.

O proxecto contempla tamén a substitución das láminas de policarbonato que permiten o acceso da luz natural ao interior e a reparación ou substitución dalgunhas das baixantes que están moi deterioradas e provocan, como os desperfectos na cuberta, filtracións cara o interior do pavillón. As humidades non so deterioran o edificio, senón que supoñen un perigo para os deportistas.

Durante a semana, polas mañás o pavillón é utilizado polo CEIP de Vilaxoán. Polas tardes, as actividades son do máis diverso: dende o a ximnasia rítmica, o patinaxe e o tenis da Anpa San Martiño, ata o fútbol sala do club FS Salnés, pasando polos adestramentos do AVE Esgrima e o Club Olimpics de artes marciais.







4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -