_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
TERCEIRA IDADE
O goberno local traslada á Xunta a posibilidade de utilizar outras instalacións propias ou alugar un local como solución temporal ás demandas dos xubilados da Casa do Mar

O goberno local ofreceu hoxe á Xunta a posibilidade de colaborar, dentro das súas posibilidades e competencias, na reconversión dalgún edificio propiedade da comunidade autónoma na cidade, de xeito que poida albergar tamén o club de pensionistas e xubilados da Casa do Mar, que compatibilizaría as súas actividades coas que xa hoxe se desenvolven no edificio de que se trate. Como se sabe, os máis de douscentos socios da entidade se quedaron sen local social unha vez que o ISM puxo en marchas as obras de reforma do seu edificio na avenida da Mariña. Dende entón, o club buscou distintas solucións pero a Xunta non atendeu as súas demandas.
10.10.2019. Hoxe, a concelleira de Persoas Maiores e portavoz do goberno, Tania García, desprazouse a Santiago xunto con presidente do club, José Cao, e o directivo do mesmo Ramón Ageitos. Na sede da Xunta mantiveron unha reunión co director de Inclusión Social, Arturo Parrado. Nun encontro moi cordial, Parrado insistiu, como xa o fixeran antes outros responsables da Xunta, na posibilidade de utilizar as instalacións do centro social do Ramal, que ocupa a vella aduana. Esta solución, sen embargo, foi rexeitada polos representantes do club, ao considerar que o centro está xa hoxe suficientemente saturado como para que se lle engadan duascentas persoas máis. Unha opinión que o goberno de Alberto Varela comparte.

Por esa mesma razón, Tania García e os directivos do club lle ofreceron á Xunta dúas alternativas. Unha, que a Administración sufrague o aluguer dun local, que logo habería que acondicionar. E dúas, realizar as reformas necesarias nun inmoble que xa sexa propiedade da Xunta. Para o goberno municipal e para os xubilados e pensionistas da Casa do Mar esta sería a solución máis doada, primeiro porque o uso non xera gastos de aluguer e a optimización de espazos probablemente sería máis fácil, rápida e económica.

Diante dos argumentos do concello e dos propios afectados, o director xeral se comprometeu a estudar as distintas posibilidades e a dar unha resposta no prazo de moi poucas semanas. Pola súa banda, Tania García reiterou a disposición do Concello a colaborar na solución a este conflicto que ten xa tras de si varios meses, pero sempre tendo en conta cales son as competencias que ten cada administración; é dicir, algo similar ao que xa pasou con instalacións educativas –pavillón de Rubiáns ou comedor do Piñeiriño- nos que o Concello participou no desenvolvemento dos proxectos, malia que non é a súa competencia, porque se trataba dunha demanda xusta de colectivos locais, que é o que ocorre agora cos xubilados e pensionistas do mar.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -