_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
ECONOMÍA
O goberno propón conxelar todas as taxas a impostos por cuarto ano consecutivo, agás as que por contrato teñen que regularizarse cada exercicio

O goberno local propón para o 2020 a conxelación das ordenanzas fiscais, agás as que, por contrato, teñen que ser revisadas segundo o IPC, é dicir, as que corresponden a auga e saneamento, cuxos servizos son desenvolvidos por concesión a unha empresa privada. Con esta decisión, que se toma por cuarto ano consecutivo, o goberno de Varela Paz trata de conxugar o necesario equilibrio financeiro das arcas municipais cun certo alivio das economías familiares: ao non tocar a inmensa maioría das taxas e impostos, nin sequera para adaptalas ao IPC, a presión fiscal global baixa.
07.10.2019.- Como novidade con respecto a anos anteriores, neste entra en vigor a taxa de ocupación do dominio público para transporte de enerxía, que afecta ás empresas comercializadoras de distintos servizos (gas, electricidade, hidrocarburos e auga). Igualmente, o recibo do lixo verase reducido lixeiramente pola transposición a esta taxa da rebaixa do 10% que o Concello logrou do canon que aplica Sogama pola xestión dos residuos sólidos urbanos.

Para tratar de axilizar prazos –a intención é que a revisión das ordenanzas entren en vigor o vindeiro 1 de xaneiro- pero tamén optimizar recursos –preténdese evitar a proliferación de convocatorias de pleno-, o goberno local vén de emprazar a todos os grupos para unha sesión extraordinaria fixada o vindeiro martes, día 15. Deste xeito, na mesma sesión se procedería ao sorteo das mesas electorais para as eleccións do 10-N e, de seguido, se debatería a proposta do goberno local de conxelación das taxas e impostos para o 2020, agás as excepcións citadas.

PROPOSTAS "REALISTAS E CUANTIFICABLES"
Coa proposta do goberno local sobre as ordenanzas fiscais e tendo en conta a previsión doutros ingresos, o presuposto municipal para 2020 chegará aos 27.078.298 euros. E esta é a proposta que se trasladou aos grupos políticos da corporación. O equipo de Varela Paz confía en que, partindo destes datos, se lles facilite a formulación das propostas para incorporar ao orzamento. Iniciativas que, en calquera caso, terán que ser "realistas e cuantificables", en opinión do goberno local, que lembra que hai que ter en conta todas as circunstancias: os gastos están limitados polos ingresos, especialmente os que son directos, e isto, á súa vez, fixa o teito de gasto que marca o Goberno central. Canto máis limitados son os recursos propios, menos capacidade de manobra sobre os gastos.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -