_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
TURISMO
Vilagarcía entra na rede de Destinos Turísticos Intelixentes xunto con municipios como Bilbao, Sevilla ou Gran Canaria

Vilagarcía acaba de entrar na Rede de Destinos Turísticos Intelixentes, un organismo creado o pasado mes de febreiro pola Secretaría de Estado de Turismo co obxectivo de promover un novo marco de referencia para consolidar a competitividade do modelo turístico español dende un enfoque sostible global e adaptado ás necesidades, demandas e tecnoloxías do século XXI. A inclusión de Vilagarcía na Rede DTI foi aprobada o martes en Madrid pola comisión executiva do organismo presidida pola secretaría de Estado, Isabel Olivé, xunto coa de outros municipios de maior entidade como Bilabo, Sevilla, Las Palmas de Gran Canaria ou Alcobendas.
04.10.2019.- Coas incorporación aprobadas esta semana, a Rede suma 66 destinos e 10 membros institucionais (un deles é a Deputación de Pontevedra). A secretaria de Estado salientou o interese crecente dos destinos, institucións e empresas por formar parte desta Rede, que se ten convertido en referente, nacional e internacional, e que constitúe un punto de encontro dos destinos para compartir boas prácticas e dar resposta a moitas inquietudes.

A noticia da inclusión de Vilagarcía na Rede foi acollida con satisfacción polo concelleiro de Turismo, Álvaro Carou dadas as grandes posibilidades que se abren a Vilagarcía por participar nun organismo que prestará apoio e soporte ás iniciativas que leve a cabo o Concello para desenvolver e modernizar o sector turístico local.

Destinos Turísticos Intelixentes é un proxecto pioneiro a nivel internacional, cuxo obxetivo é implantar un novo modelo de mellora da competitividade e desenvolvemento turístico baseado na gobernanza e a corresponsabilidade turística. A iniciativa, que xurde no marco do Plan Nacional e Integral de Turismo 2012-2015, xera os mecanismos axeitados para facilitar a rápida incorporación de innovacións nos destinos.
Unha vez aprobada a súa adhesión, Vilagarcía deberá asinar o protocolo de actuación no que se compromete a promover a conversión en destino turístico intelixente e fomentar a colaboración entre a iniciativa pública e privada no desenvolvemento de produtos servizos e actuacións dende un enfoque de sustentabilidade turística global.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -