_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
Vilagarcía súmase ao Mes da Saúde Mental cun ciclo de “Psicocine”

Outubro é o mes dedicado á Saúde Mental e Vilagarcía súmase a esta conmemoración a través dun ciclo de cine organizado polo Cineclub Adega e subvencionado pola Concellería de Cultura no marco das actividades transversais nas que colabora o departamento que dirixe Sonia Outón. Psicocine é o título deste ciclo que consistirá na proxección de tres películas e o posterior comentario e análise das mesmas por parte dun psiquiatra. As proxeccións serán no Salón García os días 10, 17 e 24 de outubro ás 20.15 horas e a entrada é de balde.
04,10.2019.- Con esta proposta e utilizando como medio o cine, preténdense mostrar a complicada relación entre as enfermidades mentais e a sociedade, así como sensibilizar sobre a importancia de comprendelas para evitar a estigmatización de quen as sofre e fomentar o seu coñecemento para axudar a detectar os primeiros síntomas.

Para acadar estes obxectivos, Adega seleccionou coidadosamente os films a proxectar, todos eles de gran calidade e que representan diferentes doenzas psiquiátricas. O Psicocine abrirase o día 10 con“Repulsión”, de Roman Polanski. O día 17 proxectarase “Compulsión”, do director Richard Fleischer e a clausura correrá a cargo da película de Robert Redford “Ordinary People”,

Despois de visualizas cada película, ao redor das 21.00 horas, abrirase o coloquio no que o psiquiatra comentará os temas da película en cuestión e no que poderá intervir o público.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -