_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
TERCEIRA IDADE
Persoas Maiores subvenciona unha viaxe aos destinos máis emblemáticos de Asturias

O Concello de Vilagarcía organiza e subvenciona unha nova viaxe cultural de cinco días e catro noites de duración destinada ás persoas maiores do municipio. O destino nesta ocasión será Asturias e o programa inclúe as visitas aos lugares máis emblemáticos da comunidade, como Cudillero, Cabo de Peñas, Santillana del Mar, San Vicente de la Barquera, Avilés e Oviedo. A excursión celebrarase entre o 23 e o 27 de outubro, ambos incluídos, e o custe é de 200 euros por persoa en habitación dobre e pensión completa. O prezo inclúe os traslados, as visitas, guía acompañante e seguro de viaxe. No caso de querer unha habitación individual, o prezo increméntase en 25 euros por noite.
04.10.2019.- Esta actividade inclúese no programa anual de viaxes culturais que organiza o departamento que dirixe Tania García e que teñen como obxectivo ofrecer ás persoas maiores e ao colectivo de xubilados unha alternativa cultural e de ocio accesíbel as súas posibilidades económicas e favorecer actividades que contribúen á socialización e ao envellecemento activo da poboación.

Ofértanse 55 prazas (un autobús completo) e o prazo de inscrición ábrese o luns, 7 de outubro e pecharase o día 18 ou no momento en que se esgoten as prazas. Os interesados deben dirixirse a Área de Persoas Maiores no Concello para anotarse. A asignación de prazas e de asentos no autocar realizarase por orde de inscrición.

Os requisitos para poder participar nesta viaxe son ter 65 anos cumpridos ou ser pensionista e ter cumpridos os 55 anos. Os solicitantes deben estar empadroados en Vilagarcía. No caso de ir coa súa parella, non é preciso que esta reúna os requisitos de idade e pensión.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -