_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello resolve as deficiencias no saneamento de dous colexios da Lomba detectadas coas obras de Matosinhos

Aparte de cambiar por completo a fisionomía e mellorar a accesibilidade da zona, as obras de urbanización e mellora do Parque de Matosinhos e a súa contorna serviron tamén para acabar cun punto de verquido procedente de dous colexios da Lomba que carecían de conexión á rede municipal de saneamento e que verquían as súas augas residuais ao regato de Santa Mariña que discorre soterrado baixo o recinto escolar. A anómala situación descubriuse ao deixar a ceo descuberto un tramo do regato para integralo na zona verde de Matosinhos. O Concello xa está executando as obras de conexión á rede de saneamento dos colexios Arealonga e Vagalume e solicitará á Consellería de Educación que colabore no seu financiamento.
02-010-2019.- Os primeiros indicios desta anomalía detectáronse a mediados de verán cando se abriu o tramo do Santa Mariña na zona axardinada de Matosinhos. Foi entón cando de forma esporádica se notaba certo olor a residuais. Non obstante, coincidindo coas vacacións de verán, os cheiros desapareceron por completo ata principios de setembro, xusto cando os colexios retoman a actividade, o que fixo sospeitar que a orixe podía atoparse nos centros educativos da zona.

En resposta a esta situación, oo Concello realizou unha inspección do tramo canalizado do río atopándose coa sorpresa de que dous colexios verquían directamente no regato as súas augas residuais ao carecer de conexión á rede municipal de saneamento. Tratábase dos centros Arealonga (o edificio principal e o módulo de infantil) e Vagalume e a situación vense producindo dende a construción dos edificios, no caso do Arealonga hai uns 50 anos e preto de 40 no do Vagalume.

Ante esta situación, o Concello decidiu actuar de forma urxente, encargando unha memoria técnica e valorada das actuacións a realizar para conectar os centros á rede municipal de saneamento e se contrataron as obras á empresa Bautec Arousa, que xa está executando os traballos presupostados en 18.500 euros.

O Concello de Vilagarcía solicitará á Consellería de Educación que colabore no financiamento desta actuación, tendo en conta que o Concello ten aportado fondos para obras de competencia exclusiva da Xunta e que hai varios centros educativos que aínda están esperando por outras melloras nas súas instalacións.

O Concello de Vilagarcía está levando a cabo nos últimos anos unha intensa labor de loita contra os verquidos de augas residuais ao río e ao mar. Para elo leváronse a cabo importantes obras de mellora da rede municipal de saneamento, tanto de ampliación como de renovación, e tamén de separación da rede de recollida de pluviais da de saneamento para evitar o colapso desta última. Aínda tendo en conta a menor sensibilidade que existía hai 50 anos cara o coidado do medioambiente, o descubrimento destes centros educativos vertendo directamente ao río causou sorpresa por tratarse de obras públicas promovidas por administracións superiores á local (Estado e Xunta). Compre sospeitar que o centro de maior antigüidade da zona, o da Lomba (o antigo José Antonio) tamén estivera conectado directamente ao regato, situación que puido terse corrixido coa construción do novo edificio hai unha década.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -