_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
Os reinvestimentos do Plan Concellos permitirán ampliar o saneamento en Vilaboa e mellorar a accesibilidade no Vento

O Concello de Vilagarcía acometerá dúas obras máis a través dos fondos da Deputación grazas ao reinvestimento das baixas producidas nas adxudicacións doutros proxectos. As actuacións que se van a levar a cabo mediante este sistema de financiamento son a Mellora e ampliación da rede de saneamento na Rúa Vilaboa e a Mellora da mobilidade e accesibilidade en O Vento-Cea.
01.09.2019.- A obra a levar a cabo en Vilaboa complementará a actuación realizada este mesmo ano polo Concello para paliar os problemas que sufrían os veciños desta rúa debido a atascos da rede e que consistiu en duplicar un tramo do servizo mediante a instalación dun segundo colector para repartir o fluxo das augas residuais e reducir así o risco de atascos e desbordamentos.
O proxecto que se vai a levar a cabo agora cons fondos provinciais ten un orzamento de 29.680 euros e permitirá continuar mellorando este servizo básico ata completar a totalidade da rúa.

O proxecto de Mellora da mobilidade e accesibilidade en O Vento-Cea é unha actuación que se fai posible grazas ao acordo acadado entre o Concello e a Comunidade de Montes de Cea para colaborar na mellora de determinados camiños da parroquia. A colaboración materializouse na cesión de terreos por parte dos comuneiros e na realización das obras por parte da administración municipal.

A actuación planificada prevé retranquear a marquesiña da parada do autobús que actualmente se atopa enriba da estrada do Pousadoiro (ao pasar o tanatorio), co conseguinte perigo para os usuarios e para a circulación. Os terreos cedidos tamén permitirán abrir a dificultosa saída de vehículos dende o camiño que alí mesmo entronca coa estrada provincial e que, debido a súa estreitez e ao desnivel que presenta, resulta incómoda e perigosa.
A obra ten un orzamento de 27.041 euros.

A solicitude de reinvestimento das baixas en adxudicacións por 56.721 euros xa foi presentada ante a Deputación. Unha vez que o organismo provincial autorice a medida, o Concello sacará a licitación as obras para a súa inmediata execución.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -