_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Ábrese o prazo para solicitar as axudas municipais para alumnos universitarios e de ciclos superiores

O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe as bases reguladoras das axudas para estudos universitarios e de ciclos superiores de Formación Profesional que concede o Concello de Vilagarcía a alumnos que, residindo en Vilagarcía, cursen estudos fora do termo municipal. O prazo de solicitude ábrese mañá 26 de setembro e os interesados terán de prazo ata o 18 de outubro para solicitar as axudas que ascenden a 400 euros para estudios universitarios e 200 para ciclos. O Concello dispón dunha partida de 40.000 euros para financiar esta medida de carácter social a través dos orzamentos das concellerías de Educación e Servizos Sociais.
25.09.2019.- As axudas a solicitar corresponderanse aos estudos xa realizados durante o curso 2018/19, que serán os que terán que xustificar os solicitantes presentando a documentación acreditativa.

Esta será a cuarta convocatoria desta liña de axudas creadas polo executivo socialista para garantir a igualdade de oportunidades no que á formación e estudos se refire, de xeito que a situación económica familiar non sexa obstáculo para elo, dado que o elevado custe que isto supón para as familias con economías máis febles. Por iso as axudas concédense en base aos niveis de renda familiar.

Para garantir que todas as familias que realmente o precisen poidan acceder ás axudas, o goberno local modificou o ano pasado algúns requisitos das bases. O primeiro é que non se esixirá o requisito de que os solicitantes estean ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e non teñan débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma. O executivo socialista considera necesario aplicar esa excepción legal, dado que estas axudas municipais están dirixida ás familias con niveis de renda máis baixos e que, polo tanto, poden ter algunha débeda debido a esta mesma circunstancia.
Outra novidade incluída xa na anterior edición afecta ás rendas dos irmás menores de 25 anos dos solicitantes, cuxos ingresos, en casos de telos, solo se imputarán á renda familiar nun 50%, non no 100% como se facía anteriormente. E por último, convocatoria tamén inclúe este ano a medida de apoio ás familias de especial consideración: familias monoparentais ou numerosas e familias acolledoras ou que teñen ao seu cargo a persoas dependentes, con discapacidade ou maiores.

Na pasada edición, as axudas do Concello chegaron a un total de 113 estudantes (88 universitarios e 25 de ciclos e estudos de nivel similar, polo que a partida inicial de 40.000 euros ampliouse ata os 40.200 para cubrir a todos os beneficiarios que cumprían os requisitos da convocatoria. Nas edicións anteriores foron 101 e 110 estudantes os que recibiron as axudas municipais.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -