_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
SERVIZOS SOCIAIS
Servizos Sociais reparte 126.900 euros entre as seis primeiras entidades que asinan os convenios de 2019

A Concellería Servizos Sociais vén de iniciar o proceso para o reparto das subvencións nominativas aos colectivos sociais do municipio incluídas nos orzamentos de 2019. O departamento que dirixe Tania García, aprobou xa os primeiros convenios a través dos que repartirá 126.900 euros entre 6 entidades. Nas vindeiras semanas aprobaranse o resto dos acordos que xa obran en mas das asociacións para a súa devolución conveniente asinados.
24.09.2019.- Nesta primeira quenda, a Xunta de Goberno local dou o visto bo a dous dos convenios de maior importe subvencionados pola Concellería de Servizos Sociais. Son os que corresponden a Cruz Vermella, que recibe 84.000 euros para contribuír ao financiamento do Albergue de Transeúntes, e o de Cáritas Interparroquial de Arousa, que o Concello subvenciona con 35.000 euros pola prestación do servizo de comedor social.

Os outros aprobados son os da Fundación Amigos de Galicia, que recibe unha axuda municipal de 2.500 euros; Proxecto Home, que recibe 1.500 e APACOS-Centro Ocupacional de Saiar que recibe outros 1500. Por último, aprobouse tamén a subvención nominativa a Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela por importe de 2.400 euros pola residencia de Sobrán. Cómpre sinalar que este é o segundo convenio do que se beneficia o centro de Sobrán que, ata o pasado ano, non recibía subvención nominativa.

A Concellería de Sevizos Sociais incrementou este ano en 3.200 euros a partida para financiar as subvencións nominativas a entidades sociais, po,lo que en 2018 disporá de 207.300 euros para repartir entre 21 colectivos e asociacións non lucrativas que traballan no eido social. O incremento dos fondos serviu para elevar as axudas de menor contía.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -