_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Aberto o prazo de presentación de ofertas para a substitución dos portais e mellora da cuberta do garaxe de Emerxencias

O Concello de Vilagarcía continúa co proceso de mellora do edificio municipal que alberga as sedes da Escola Obradoiro e do Servizo Municipal de Emerxencias iniciado hai uns anos co remate e acondicionamento das fachadas. Nesta ocasión, a actuación a realizar afectará a zona do edificio dedicada ao garaxe do servizo de Emerxencias, onde se procederá a substituír o material de cobertura e se instalarán tres portais. O proceso de licitación da obra xa está iniciado e as empresas dispoñen de prazo ata o 9 de outubro para presentar as súas propostas.
23.09.2019.- O contrato licítase por importe de 57.045 euros e ten un prazo de execución de 2 meses. Con estas actuacións preténdese, por un lado, acabar coas filtracións e humidades que se rexistran actualmente na nave debido ao mal estado da cobertura de chapa e, por outro, mellorar o funcionamento e operatividade do servizo cos novos portais que, deste xeito contará cun pechamento móbil.

Esta actuación súmase á levada a cabo hai dous anos, cando o Concello tamén investiu 60.100 euros en rematar as fachadas do edificio situado na avenida Agustín Romero, que levaba décadas sen rematar e cuxa situación estaba deteriorando o interior do inmoble. Estas obras consistiron no remate das fachadas mediante a instalación dun illamento térmico e revestimentos das paredes exteriores, no saneamento das paredes e pintado dos claros, limpeza e retellado a cuberta e substitución sas claraboias do baixo cuberta.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -