_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
DEPORTE
A Fundación oferta 10 actividades deportivas para adultos no novo curso que comeza o 7 de outubro

A Fundación Municipal de Deportes xa ten aberto o prazo de inscrición nas actividades deportivas de adultos que se impartirán de outubro a xuño. Os interesados poderán elixir entre as 10 especialidades deportivas que se ofertan para persoas maiores de 16 anos: ximnasia de mantemento, ximnasia acuática, ximnasia funcional, bádminton, aerobic, tai chi, ioga, pilates, estiramentos máis relaxiación e circuitraining. Os interesados dispoñen de prazo ata o día 2 de outubro para formalizar as súas inscricións.
23.09.2019.- Os formularios das actividades pódense recoller na mesma sede da Fundación de Deportes, sita en Fexdega, ou imprimir dende o taboleiro de anuncios da web municipal. Ademais do formulario xeral, para 9 das actividades, súmase un específico para pilates, especialidade que contará tamén este ano con 10 grupos e horarios entre os que se poderán decantar os interesados. Como única excepción, e aínda que nos últimos anos a oferta de prazas de pilates ven sendo suficiente, de ser maior o número de demandantes, as admisións realizarase mediante sorteo público a celebrar o día 3 de outubro.

As actividades comezarán a impartirse o luns 7 de outubro nos lugares de costume: Pavillóns de Fexdega, Castelao, Fontecarmoa, Carril, colexio da Escardia e casa de cultura de Bamio, así como na piscina municipal de Fontecarmoa. Cada usuario poderá anotarse nun máximo de 4 actividades diferentes polo mesmo prezo. Todas as actividades impartiranse en 2 sesións á semana, excepto a de ximnasia acuática que será 1 por semana.

Prezos

A cota xenérica é de 18 euros por trimestre, aínda que existe a posibilidade de sacar o carné anual da Fundación que permite acudir todo o ano pola cota de 45 euros (carné individual ) ou 60 euros (Carné Familiar). Ademais, hai que ter en conta as bonificacións existentes para xóvenes e maiores de 65 anos (30 euros) e descontos por nivel baixo de ingresos e para familias numerosas, segundo se recolle nas follas de solicitude.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -