CONCELLO
Vilagarcía reparte en 10 actuacións os 1.131.198 euros dos fondos da Deputación de 2019 máis os dos reinvestimentos por baixas Vilagarcía beneficiaras nos vindeiros meses dun investimento da Deputación Provincial por importe de 1.131.198 euros para destinar á realización de diversas obras. O goberno local dará conta ao Pleno desta semana do listado das actuacións cuxo financiamento xa foi aprobado polo organismo provincial con cargo á anualidade 2019 do Plan Concellos e co reinvestimento das baixas relativas ao do ano 2017. Trátase actuacións en materia de saneamento, mellora da rede viaria, humanizacións e accesibilidade, seguridade viaria e mellora de edificios municipais.
21.09.2019.- Algúns destes proxectos xa se atopan en proceso de contratación, outros a piques de sacarse a concurso e un en fase de redacción de proxecto.
SANEAMENTO - Ampliación da rede de saneamento en Pedramogueira 151.830 euros
HUMANIZACIÓNS E ACCESIBILIDADE - Humanización e Mellora de Accesibilidade na Urbanización do Piñeiriño 205.971,94 euros
SEGURIDADE VIARIA - Subministro dun sistema de cámaras con lector de matrículas para control de infraccións de tráfico 30.855 euros
- Regulación semafórica do paso de peóns da Avenida Rivero de Aguilar entrada Paseo Marítimo 23.809,91 euros
- Sinalización semafórica da intersección Doutor Tourón, Fariña Ferreño e Alejandro Cerecedo 61.024,72
MELLORA DE EDIFICIOS MUNCIPAIS - Reparación da terraza do Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa 268.670,36 euros
- Substitución de material de cobertura do pavillón de Faxilde 51.154,52 euros
- Reparación con substitución de material de cobertura e dotación de portais en edificio de Emerxencias 57.045,07 euros
MELLORA DA REDE VIARIA MUNCIPAL - Ensanche de vial, muro de contención e demolición de vivenda (acceso á Torre)137.174,02
- Plan de asfaltado de camiños rurais 145.294,02 euros