_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
A adaptación teatral de Fariña chega ao Auditorio de Vilagarcía en xaneiro da man de Carretero e Touriñán

O fenómeno social xerado polo libro “Fariña” de Nacho Carretero e a posterior serie de televisión trasládanse agora ao formato teatral cun espectáculo que chegará ao Auditorio Municipal de Vilagarcía no mes de xaneiro. Producida polo propio Carretero e polo actor Xoán A. Touriñán, Vilagarcía acollerá dúas representacións de “Fariña”. Serán o venres 10 e o sábado 11 de xaneiro ás 20:30 horas. As entradas póñense a venta a partir do luns a 22, 20 e 18 euros (máis custes de xestión) en ticketea.com, no teléfono 911982284 e a través dea web farina.gal. Tamén os días da función, na billeteira do Auditorio a partir das 18:30 horas.
20.09.2019.- A historia do narcotráfico en Galicia nas últimas décadas do pasado século contarase de novo. O fenómeno de Fariña, a obra de Nacho Carretero que bateu todos os records de vendas, adquirirá unha nova dimensión, desta vez sobre as táboas dos principais teatros do noso país.

O propio Carretero, xunto co actor Xosé A. Touriñán, producen un espectáculo de grande formato que contará no seu elenco con algunhas das caras máis coñecidas da escena galega: Marcos Pereiro, María Vázquez, Cris Iglesias e Sergio Zearreta, xunto co propio Touriñán, serán os encargados de dar vida a diferentes personaxes en particulares situacións, habituais dunha das épocas máis tráxicas e complexas da historia de Galicia.

O espectáculo está dirixido por Tito Asorey, asistido polo tamén actor e director Víctor Duplá. Co deseño de iluminación e audiovisuais a cargo de Laura Iturralde, e a escenografía de José Faro "Coti", Fariña conta ademais con tema orixinal propio, Que mal vai ter?, producido para o espectáculo por Novedades Carminha. O resto do equipo confórmano Ruth Pereira a cargo do deseño de Vestiario, e Santi Jul no espazo sonoro. O dramaturgo José L. Prieto é o autor dun texto traballado man a man con Nacho Carretero.
O imaxe gráfica é obra de Artur Galocha, e da produción e a distribución encárgase Ainé Producións.

Fariña non permitirá ao espectador nin acomodarse na butaca. A unha impoñente descarga suceden conversas entre rapaces e veciños das vilas falando, mercando, consumindo e manexando con soltura o famoso Winston de batea.
O elenco de actores entran e saen da escena meténdose na pel de decenas de personaxes entre situacións familiares: un alcalde corrupto disposto a financiar unha verbena, os veciños máis novos probando a mercancía a escondidas...
O salto ao narcotráfico ocorre no escenario coa mesma soltura coa que tivo lugar na realidade. De pronto, en escena, escóitase acento colombiano e marroquí. Escóitanse ritmos de percusión e cancións. Escóitanse bromas e bravuconadas. As drogas toman o control: ostentación e subidón enchen o teatro.

E, de novo como sucedeu en realidade, aparece a traxedia. En forma de nais, rapaces afundidos e, por fin, operacións policiais. Todo cabe sobre un escenario que recolle un percorrido fiel por este escuro capítulo da historia de Galicia desde un punto de vista único. Unha viaxe no tempo desde unha óptica próxima, real e familiar, coa sensación final, e a reflexión que o espectador fai ao saír do teatro, chegando a adquirir unha eficacia inédita.

Fariña percorrerá Galicia desde finais de outubro cunha primeira xira polas principais cidades do noso país. O espectáculo conta coa colaboración da Axencia Galega das Industrias Culturais e o Concello da Coruña, e co patrocinio de Deleite e Estrella Galicia.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -