FORMACIÓN
Aberta a inscrición para o último trimestre dos cursos gratuítos de inclusión e capacitación dixital A Concellería de Promoción Económica e Emprego informa de que aínda está aberto o prazo inscrición para participar no último trimestre dos cursos gratuítos do programa de Inclusión e Capacitación Dixital que se impartirán na aula CEMIT do Centro de Formación de Matosinhos ata o mes de novembro. A carta das actividades que se comezaron a impartir en primavera componse de 13 cursos diferentes, repartidos en cinco bloques temáticos que, comezando dende o nivel de iniciación en temas informáticos, van aumentando en grao de complexidade co obxecto de facilitar unha formación completa ao alumnado. Os cursos son para persoas maiores de 18 anos e a participación é gratuíta.
19.09.2019.- A formación están sendo impartida por persoal especializado da Consultora Kaeme, nas dependencias dado Centro de Matosinhos, en horario de mañá e tarde. As inscricións poden realizarse no propio dentro en horario de 9 a 14 horas. Os interesados poden anotarse a máis dunha acción formativa e tamén poderán elixir o horario que máis lle conveña. A formación é presencial e a duración dos cursos oscila entre as 8 e as 30 horas lectivas.
O obxectivo do programa de Inclusión e Capacitación Dixital é facilitar o aceso, coñecemento e manexo das novas tecnoloxías a todas as persoas que o precisen, pensando principalmente en facilitarlles o acceso ao mercado laboral mediante a mellora da empregabilidade que supón contar cos coñecementos sobre informática e TICs que demandan as empresas hoxe en día. Precisamente, para que o proceso sexa máis doado, tamén haberá cursos sobre o aproveitamento das novas tecnoloxías á hora de buscar traballo, así como no manexo dos medios dixitais e redes especializadas en ofertas e demanda de emprego.
O primeiro bloque será o de Inclusión Dixital en el inclúense os cursos dirixidos a persoas con pouco ou ningún coñecemento. Son os de Iniciación á informática e internet para adultos, Correo electrónico: webmail e Seguridade na Rede.
Cunha orientación máis profesional deseñouse o segundo bloque temático sobre Ofimática en Software Libre composto de catro cursos: Procesador de textos, Folla de Cálculo, Elaboración de presentacións e Base de datos.
Dada a finalidade última deste programa formativo -a busca de emprego e acceso ao mercado laboral-, o terceiro bloque temático refírese á Orientación ao Emprego e nel impartiranse cursos sobre Redes Sociais e procura de Emprego e de Potenciación da marca persoal en Linkedin, a rede social especializada no mercado laboral. Esta última acción formativa inclúese por primeira vez na cara do programa.
O cuarto bloque temático versa sobre Capacitación avanzada en ferramentas TIC. Neste apartado impartiranse os cursos de inclúen cursos de Deseño de páxinas webs con Wordpress, Retoque Fotográfico e de Scribus: Deseño de carteis e folletos. Esta última acción formativa tamén se inclúe por primeira vez na carta deste programa.
Por último, atendendo ás necesidades da vida cotiá e ás esixencias da administración electrónica, o último bloque temático céntrase precisamente na Administración Electrónica e a E-Administración. Aquí inclúese un curso completamente novo no cal se formará sobre o procedemento de realización de Trámites electrónicos, sobre o DNI- e E-administración e, máis en concreto, sobre o uso e funcionamento de cara ao cidadán da sede electrónica do Concello de Vilagarcía.