DEPORTE
A Fundación Municipal de Deportes constituíu o novo Consello Reitor A Fundación Municipal de deportes do Concello de Vilagarcía celebrou o martes a sesión constitutiva do Consello Reitor en base á nova distribución e aos nomeamentos realizados tras as eleccións municipais de maio. O órgano de dirección da Fundación está composto por 15 membros con dereito a voz e voto, entre os que figuran membros da Corporación Municipal e persoas relacionadas co mundo de deporte. O concelleiro de Deportes, Argimiro Serén, volve a presidir o Consello e a vicepresidencia recae no edil Álvaro Carou.
19.09.2019.- Todos os grupos políticos representados na Corporación Municipal teñen tamén representación no Consello Reitor. Segundo o acordo adoptado polo Pleno, o 8 membros da Corporación que pasan a integrar o órgano de dirección da Fundación son: PSdG: Argimiro Serén Álvaro Carou Alba Briones PP: Alfonso González BNG: Lucía César Marea na Vila: Mª de la O Fernández Vilagarcía en Común: Jesús López Ciudadanos: David Oliveira A eles súmanse 2 persoas vinculadas ao mundo do deporte e que cuxo nomeamento faise por delegación da Alcaldía. Son: Julio Torrado (xadrez) Isidro Fernández (atletismo)
Tamén pasan a integrar o Consello Reitor os 5 membros do Consello Consultivo: Anxo Vilas (Xadrez Fontecarmoa) José Peso (Clubs de Actividades Subacuáticas) José Ramón Santórum (Los Ingleses) Ángel Cardalda (Vilagarcía SD) Ignacio Fernández (Arosa SC)
Por último, incorpóranse ao Consello Reitor, con voz pero sen dereito a voto, a secretaria e a interventora da Fundación de Deportes, e o director de actividades deportivas.