_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
A Policía Local presenta os tres novos vehículos híbridos adquiridos polo Concello

A Policía Local presentou hoxe os tres novos vehículos cos que se renovará o seu parque móbil e nos que o Concello inviste 148.222 euros. Tratase de trs Toyota Prius, híbridos e dotados con todos os equipamentos e especificacións que contempla a lei para os automóbiles policiais. Os coches adquírense polo sistema de renting por un prazo de 48 meses, contrato que foi adxudicado ao Banco Santander e que inclúe ademais o servizo de mantemento. Estes vehículos substituirán a outros tres que xa acumulaban anos de uso continuado, no marco do proceso de renovación do parque móbil da Policía Local que está a levar a cabo o Concello e permitirá á Garda local prestar servizo con medios condicións óptimas. Na presentación estiveron o concelleiro de Policía Local, José maría González, a Xefa da Policía, maría del carme Roca, e represnetantes da marca, do concesionario e da entidade bancaria.
18.079.2019.- Os novos coches patrulla veñen completamente pintados, rotulados e equipados segundo o establecido por lei, ademais de contar cos equipos luminosos e acústicos propios dos coches policiais. Ademais dos equipamentos incluídos no contrato, cada vehículo virá dotado de botiquín, cristais escurecidos, dúas lanternas policiais, extintor, prancha e barra de separación entre os asentos dianteiros e posteriores con soporte de defensas policiais e emisora compatible co sistema de comunicación da Policía, entre outros elementos.

Entre as prestacións incluídas no contrato atópanse tamén os servizos de mantemento e reparacións na propia concesionaria da marca, ademais dos seguros a todo risco e cunha ampla cobertura.

Os vehículos están en disposición de ser utilizados tan pronto como se firme a acta de recepción.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -