_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Touriñán e Blanco abren a terceira función de “Unha noite na praia” en Vilagarcía

A gran expectación do público e o aínda maior ritmo na venta das entradas para as dúas funcións do novo espectáculo de Carlos Blanco e Xoán Antonio Touriñán en Vilagarcia fixo que o dúo cómico decidira levar a cabo unha terceira representación na capital arousá. As datas xa anunciadas para os días 4 e 5 de outubro, súmase agora a o domingo 6. As entradas para esta terceira función de “Unha noite na praia” xa se poden adquirir a través de ticketea a 18, 15 e 12 euros (máis custes de xestión).
16.09.2019.- En Vilagarcía xa ven sendo tradición cada vez que Carlos Blanco e Xoán Antonio Touriñán presentan os seus traballos na cidade, as entradas para as funcións se esgoten á velocidade da luz e que, consecuentemente, se engadan funcións. Esta ocasión non ía ser menos e a obra escrita e dirixida polo tamén galego Javier Veiga representarase tres veces en Vilagarcía a primeira fin de semana de outubro. O venres 4 a representación comezará ás 20:30, o sábado ás 20.00 e o domingo ás 19.00 horas.

“Unha noite na praia” é unha comedia “con mar de fondo” protagonizada por dous personaxes: Dous tipos moi distintos que coinciden ao solpor nunha praia fronte ao mar. Klaus e Manuel, un sueco e un galego, que se parecen o mesmo que o restaurante de Ikea a un Furancho da aldea. Na praia non queda ninguén; só Manuel, que traballa no chiringuito, e Klaus, un turista que non quere levantar o cu da derradeira hamaca que queda por recoller. Así arranca o conflito destes dous tipos: un quere marchar para casa a durmir, e o outro quere que lle poñan a última cervexa e un ombreiro para chorar as súas penas polo seu corazón roto.
Escrito e dirixido por Javier Veiga e producido en Galicia por Ainé Producións, conta co traballo de escenografía de Carlos Alonso, a dirección técnica de Dani Juncal e a dirección de produción de Javi Lopa, Paco Abelleira e Álvaro Pérez Becerra.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -